Eleccións

Jorquera (BNG), «votar a Feijóo é votar a Rajoy»

Así o dixo este xoves o candidato do Bloque Nacionalista Galego á Presidencia da Xunta, durante o xantar informativo que mantivo con xornalistas en Ourense. Francisco Jorquera, afirmou que Núñez Feijóo adiantou as eleccións autonómicas porque o presidente do Goberno, ordenoullo para que os galegos voten antes de coñecer as medidas que o executivo de Rajoy aplicará dende marzo.

Jorquera  subliñou que “a dereita utiliza a crise económica como pretexto para levar a cabo un desmantelamento dos piares do Estado de Benestar  e desvalorizar a democracia con políticas fundamentadas en recortes» e indicou que os mesmos son ineficaces para sair desta situación.

O candidato do Bloque  advertiu que nas Eleccións Galegas do 21 de outubro que nas “está en xogo moito máis que a cor política, está en xogo o modelo de sociedade das xeracións futuras» e, por iso,   condicinou a participación do BNG nun goberno de coalición á “redacción dun programa claro que  marque  un  profundo cambio de rumbo».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.