Galicia

‘Quérote máis’ orientou sobre sexualidade e afectividade a máis de 21.500 rapaces galegos

Os centros Quérote Máis, estiveron presentes a nivel formativo no curso escolar 2011-2012 nun total de 158 centros educativos, chegando a un total de 21.503 alumnos e alumnas ás que se lles ofreceu información en relación ás diversas temáticas como imaxe corporal e autoestima, convivencia, seguridade no uso das novas tecnoloxías, sexualidade e afectividade e prevención de consumos.

As intervencións tiveron unha duración de 100 minutos por sesión e a metodoloxía empregada por parte dos técnicos foi dinámica e participativa, «deixando lugar ao diálogo e á reflexión por parte do alumnado sobre as formulacións propostas».

Nas mesmas contouse coa colaboración de entidades como a Garda Civil, a Policía Nacional, a AECC e diversas Concellarías que, mediante as devanditas actividades, contribuíron a unificar os talleres ofertados aos centros de estudo.

Ademais, leváronse a cabo 36 ciclos formativos dirixidos a familias, chegando a un total de 396 pais e nais e formouse a 126 profesores e profesoras, todo iso co obxectivo de abordar os temas que se traballan cos adolescentes extrapolando a información aos axentes educativos máis directos que inflúen na súa formación persoal.

Os centros Quérote Máis, repartidos por todo o territorio galego, a través do seu equipo multidisciplinar composto por traballadores sociais, educadores sociais e psicólogos, ademais de levar a cabo accións formativas no contexto educativo formal, diríxense a todos aqueles ámbitos de actuación relacionados coa xuventude, como asociacións xuvenís, concellos ou casas da xuventude. Ademais, os equipos do Quérote Máis tamén ofrecen a posibilidade de recibir asesoramento individualizado, anónimo e de carácter confidencial e gratuíto a todos aqueles usuarios que o precisen.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.