Vigo al minuto

«Bruselas tómalle o pelo ao sector naval galego»

Quen o cree, e o di, non é so o presidente do clúster galego, tamén é da mesma opinión o conselleiro de Economía e Industria. Javier Guerra, suscribiu hoxe as declaracións de Fernando Alcalde, engadiu que “a proposta que fixo España é intachable”, e asegurou que non atopa máis explicación para que Bruxelas siga retrasando a entrada en vigor do ‘tax-lease’ que o feito de que «están tomandolle o pelo a España”.

Sen citar ao vicepresidente da Comisión Europea e Comisario da Competencia, o socialista Joaquín Almunia, Guerra declarou que a Unión Europea, aparentemente, polas consecuencias e polas actitudes, non quiere falar deste problema. O gobernó español mandou a súa proposta e, agora, están demorando a solución con preguntas e máis preguntas».

O conselleiro demandou unha resposta inmediata á UE, xa que “os asteleiros galegos o único que queren é competir en igualdade de condicións co resto dos sectores navales europeos”, e fixo unha advertencia, “a UE ten que respostar axiña se non queren que se den outras circunstancias, que non quero plantexar, ao respecto do sector naval”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.