Vigo al minuto

O Concello de Vigo concede este ano 445 bolsas de inglés

Moz@s do programa de bolsas de inglés en Peinador nunha edición pasada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres da decisión adoptada pola Xunta de Goberno Local de ampliar en 60 as prazas ofertadas para que estudantes de Secundaria poidan mellorar o seu nivel de inglés no estranxeiro.

Entre as achegas que a Administración pública outorga a estudantes da Escola Oficial de Idiomas de Vigo e dos centros públicos e concertados da cidade, o goberno local concede este ano un total de 445 bolsas para mellorar a capacitación dos estudantes vigueses en idiomas.

As novas 60 prazas ofertadas para alumnado de ESO veñen completar «unha parte da demanda dos colexios públicos», consecuencia da retirada deste programa por parte da Xunta de Galicia, segundo asegurou o rexidor.

As solicitudes recibidas este curso para o programa Vigo en Inglés 2012 se aproximaron ás 600 e manifestou a súa «vontade política» de incrementar a oferta o próximo ano para cumprir o «obxectivo» de que todos aqueles que o soliciten poidan recibir a bolsa municipal para ensino de inglés no estranxeiro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.