O nacionalismo galego non celebra este 25 de xullo en bloque

E será a primeira vez que o faga dividido logo das escisión habidas no BNG. Esta formación celebra, como xa é tradicional, o Día da patria Galega cunha concentración na Praza da Quintana, mentres que Máis Galiza, Acción Galega e Ecosocialistas, farán o seu propio acto e, na Praza de Mazarelos, o fan os seguidores de Anova-Irmandade Nacionalista, formación que se constituíu o pasado sábado en asemblea e que ten coma voceiro a Xosé Manuel Beiras para quen, dada a xuventude da nova formación, “sería moi precipitado coincidir”.

Pola súa parte, Compromiso por Galicia, chégase ate o parque de Bonaval onde falarán  Sara Torreiro e Paulo Carlos López, de Mocidade Nacionalista Galega; Chus Boo, da Comisión Executiva Nacional; Xabier Oviedo, alcalde de Maceda; Xosé Manuel Pérez Bouza e Teresa Táboas, membros do consello Político Nacional; e pechará as intervencións o coordinador desta plataforma, Xoán Bascuas.

A proba principal, hoxe, e para o Bloque Nacionalista Galego, que terá que a oportunidade de ver cal é agora mesmo a súa capacidade de movilización, tras deixar de ser un ‘bloque’, cos discursos finais do voceiro nacional, Guillerme Vázquez, e o do candidato á Presidencia da Xunta, Francisco Jorquera.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.