Galicia

A profesora Milagros Otero, primeira muller que accede á Academia Galega de Xurisprudencia

A Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación celebrará este venres unha sesión pública na que, por primeira vez na súa historia, tomará posesión da súa praza como académica de número unha muller, a catedrática de Filosofía do Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, Milagros María Otero Parga.

No acto, que terá lugar ás 19.30 horas, na sede da entidade coa presenza de representantes da xudicatura e a docencia universitaria galega, a profesora Otero Parga, que no seu discurso falará sobre ‘Os valores do Dereito’, estará acompañada polos seus padriños, o avogado e coronel auditor do Corpo Xurídico Militar Padilla Carballada e o catedrático Domingo Bello Janeiro.

En nome da Real Academia Galega, a súa intervención será contestada polo tamén catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e académico numerario Francisco Puy Muñoz.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.