Destacados Vigo al minuto

A familia de Alejandra emite un comunicado agradecendo a axuda mostrada

«En nome da familia de Alejandra queremos que saibades da nosa dor tremenda pola morte desta rapaza de 17 anos en circunstancias tan pouco habituais.

Estamos á espera de que os corpos de seguridade nos informen dos resultados da investigación e agradecemos todo o seu traballo eficaz.

Queremos agradecer tamén a todas as persoas que dun ou doutro xeito se mobilizaron para buscar a Alejandra, a toda a xente nova, en especial ós seus compañeiros e compañeiras do instituto, e ós veciños e veciñas do concello que se achegaron e axudaron a organizar a búsqueda. Igualmente a Protección Civil e Policía Local de Redondela.

Agradecemos tamén aos medios de comunicación a súa colaboración para espallar a noticia da súa desaparición, e pedímosvos que vos fagades cargo da situación e respectedes a dor da familia.

Por último avisar que a concentración que había convocada para hoxe ás 18.00 horas queda anulada ata ter mais información».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.