
O Concello da Guarda prohibiu temporalmente o baño na praia da Armona despois de recibir unha comunicación da Consellería de Sanidade na que se informa de que a última mostra de auga recollida neste areal presenta niveis de contaminación microbiolóxica superiores aos límites establecidos pola normativa.
A medida entrou en vigor este xoves, 10 de xullo, e ten como obxectivo garantir a seguridade e a saúde das persoas usuarias da praia. O Concello xa procedeu á sinalización da prohibición, que permanecerá vixente ata novo aviso.
Segundo explicou a administración local, a restrición manterase ata que se coñezan os resultados da contraanálise e se confirme que a calidade da auga volve situarse dentro dos parámetros permitidos para o baño.
O Concello informou de que seguirá a evolución da situación en coordinación coa Consellería de Sanidade e comunicará o levantamento da prohibición en canto se certifique que a auga reúne novamente as condicións sanitarias esixidas.
Mentres permaneza activa esta medida, recoméndase á cidadanía respectar a prohibición e evitar o baño na praia da Armona para previr posibles riscos para a saúde.
OuTRaS NoVaS
- Las playas de Ribeira, Santa Marta y A Ladeira, en Baiona reabren al baño
- La Atención Primaria de Vigo agrava su crisis en verano: citas con cuatro semanas de espera
- “Mientras Caballero coloca luces en julio, las alcaldesas de A Coruña y Santiago trabajan por sus aeropuertos”
- Nigrán converterá os antigos cines da Ramallosa nun espazo con auditorio e sala de proxeccións
- Hallan muerta a Carmen López Rebolo, la joven desaparecida en Lugo el pasado 21 de julio





