Comarcas

Nigrán terá un novo glamping para 215 persoas: así será o campamento turístico que se construirá en Lagoíña

Aposta por un turismo ligado á natureza e á sustentabilidade

Nigrán terá un novo glamping para 215 persoas: así será o campamento turístico que se construirá en Lagoíña
Nigrán terá un novo glamping para 215 persoas: así será o campamento turístico que se construirá en Lagoíña

Nigrán ampliará a súa oferta turística cun novo proxecto de aloxamento integrado na natureza. O Concello vén de aprobar a licenza para a construción do ‘Glamping Lagoíña’, un campamento turístico na zona de A Telleira-Ceán-Lagoíña, nunha parcela de 12.785 metros cadrados entre os camiños Volta do Médico e Rectoral, na parroquia de Nigrán.

Contará con tendas de acampada tipo glamping, unha modalidade turística que combina a experiencia do contacto coa natureza coas comodidades dun aloxamento convencional, ademais de casetas de recepción, espazos de almacén, aseos e catro cabanas en módulos prefabricados sobre zapatas puntuais. En total, terá unha capacidade máxima de 215 persoas.


O *glamping* é un tipo de aloxamento situado en plena natureza que combina a experiencia de acampar con comodidades e servizos mellorados, como cama, baño privado ou mesmo aire acondicionado.

Este termo xorde da fusión das palabras inglesas «glamour» e «camping». Normalmente inclúe tendas xa montadas, cabanas, cúpulas, iurtas ou casas na árbore, ofrecendo un nivel de confort moi superior ao do campismo tradicional.

A idea é gozar da contorna natural sen renunciar a certas comodidades propias dun hotel.

Este proxecto propón unha integración coa contorna forestal, mantendo a vexetación e procurando minimizar o impacto paisaxístico. As edificacións permanentes estarán na zona de acceso, máis próxima ao núcleo rural e á estrada, edificadas integramente con fachada de madeira.

Estas estruturas de servizo ocuparán unha superficie de 440 metros cadrados e non superarán os 2,90 metros de altura, para poder preservar a relación coa paisaxe.


Screenshot

Tres novos espazos turísticos ligados á natureza

O novo glamping engádese a outros dous proxectos turísticos que avanzan no municipio: en febreiro, o Concello de Nigrán concedeu licenza a Organiza Nigrán S.L., – sociedade que en 2011 restaurou e rehabilitou o Pazo de Cea para a celebración de eventos- para a construción de 25 cabanas de madeira elevadas nunha parcela de 1.639 metros cadrados, entre o Camiño do Lavadoiro e Grolos.

Neste caso, o proxecto é un campamento turístico de categoría unha estrela, con aparcadoiro, camiños peonís e peches vexetais nas lindes, posibeis por medio dunha inversión duns 3 millóns de euros.

A estas iniciativas engádese o Ledicia Camper Park, espazo para caravanas inaugurado este verán na rúa Otero Pedrayo, con 131 prazas, piscina, parque infantil, parque canino, zona de grellas, sala de xogos e cafetería.


«Turismo de calidade e respectuoso coa contorna»

O alcalde de Nigrán, Juan González, recibe con entusiasmo estes novos proxectos e salienta aumentan o número de prazas hoteleiras cun modelo turístico diferente.

«É unha moi boa nova para Nigrán porque estamos a gañar en prazas hoteleiras nunha modalidade de turismo de calidade, sostible e moi respectuoso coa contorna, porque precisamente estas construcións buscan a comunión máxima coa natureza e os seus clientes están nesa harmonía», manifesta.


OtRaS NoTiCiaS


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.