
O Consello da Xunta deu luz verde á ampliación da cobertura da vacina fronte ao virus do papiloma humano (VPH) na poboación masculina, elevando ata os 25 anos a idade máxima para acceder a esta inmunización.
Co cambio aprobado este luns o Goberno galego, todos os homes nados a partir do ano 2001 poderán recibir a vacina, unha decisión que, segundo os cálculos do Goberno galego, beneficiará a máis de 21.000 mozos en toda a comunidade.
O presidente Rueda, explicou que esta ampliación obrigará a reforzar a adquisición de doses, cun investimento adicional próximo ao millón de euros.

Durante a súa intervención, Rueda subliñou que a decisión responde á evolución dos criterios científicos e á evidencia existente sobre o impacto deste virus na saúde pública. O VPH está considerado como a infección de transmisión sexual máis frecuente e, nalgúns casos, pode estar asociado ao desenvolvemento de diferentes tipos de cancro.
Evolución
A estratexia de vacinación fronte ao papiloma en Galicia foi ampliándose progresivamente nos últimos anos:
- A inmunización comezou en 2008 centrada nas rapazas de 12 anos
- Posteriormente, foi incorporando novos grupos de poboación
- No ano 2022 tamén se estendeu aos nenos desa mesma idade e, ata o momento, chegaba aos mozos de ata 21 anos
Con esta modificación, Galicia amplía o alcance dun calendario vacinal que a Xunta sitúa entre os máis completos no ámbito internacional.
Outras novas
- El Concello mantiene sin autorización la pantalla del España-Bélgica, tras recibir la documentación complementaria de la Diputación
- La pantalla gigante de la Praza da Estrela para ver el España-Bélgica, en duda tras el aviso del Concello a la Diputación
- Vigo activa los preparativos de la Navidad con un contrato de 610.000€ para la decoración luminosa
- Vigo prohíbe la música en directo en los chiringuitos, mientras Nigrán sí la permite con límites
- El PAC de Cangas, al límite: denuncian falta de médicos, más presión asistencial y derivaciones desde Moaña





