A Praza de Abastos do Calvario volverá encherse de arte, deseño e creatividade o próximo 17 de maio coa nova edición de ‘No Todo el Pescado Está Vendido‘, un dos mercados artísticos máis singulares e consolidados de Vigo.
O evento, que coincide coa celebración do Día das Letras Galegas, reunirá durante toda a xornada a máis de 80 artistas e creadoras chegadas de Galicia e doutras zonas do Estado, que converterán os tradicionais postos das peixeiras e o primeiro andar da praza nunha gran galería aberta ao público.
A entrada será gratuíta e o mercado poderá visitarse entre as 11.00 e as 20.00 horas.
Máis dunha década reivindicando o arte e a artesanía en espazos cotiáns
A cita leva máis dunha década reivindicando o arte e a artesanía en espazos cotiáns como as prazas de abastos. Nesta edición, o público poderá atopar propostas de pintura, ilustración, téxtil, xoiería, serigrafía, cerámica, cestería e deseño artesanal, entre outras disciplinas.
Segundo explican dende a organización, esta edición recibiu máis de 350 solicitudes de participación, aínda que o espazo dispoñible obrigou a facer unha selección final de expositores.
Un dos grandes atractivos do evento será precisamente o escenario escollido: os bancais das peixeiras deixarán por un día o peixe para encherse de obras artísticas e pezas artesanais únicas.
Moda, viños do Ribeiro e actuacións durante todo o día
O primeiro andar do mercado estará especialmente dedicado á moda e ao deseño téxtil, con máis de 15 creadoras que presentarán prendas e coleccións elaboradas artesanalmente e baixo procesos éticos de produción.
Como novidade este ano, o mercado contará tamén coa presenza de Adega Celme, unha adega especializada en viños elaborados con variedades autóctonas e produción respectuosa co medio ambiente. As persoas asistentes poderán degustar viños e vermús nun espazo propio dentro do evento.
Ademais da exposición e venda de obras, a xornada incluirá diferentes actuacións musicais e actividades repartidas por todo o barrio do Calvario, reforzando o carácter cultural e creativo do encontro.
Dende a organización destacan que o obxectivo segue sendo achegar o arte e a artesanía ao público xeral, permitindo tamén o contacto directo entre creadoras e visitantes.
Outras novas
- Se salta varios semáforos en rojo en Vigo y acaba detenido: llevaba droga, dinero en efectivo y cuatro móviles
- El verano más barato para viajar ya tiene fecha: descuentos del 90% en trenes y autobuses
- O Porriño abre Stonegal a sus empresas del granito con un stand gratuito
- Los mayores expertos en cirugía cardíaca, desde este miércoles en Vigo
- COGAMI denuncia esperas de hasta tres años para valorar la discapacidad en Galicia





