
O Concello de Redondela vén de anunciar a construción dunha nova pasarela peonil sobre o río Maceiras, no barrio de Vilavella, co obxectivo de mellorar a conectividade entre o aparcadoiro disuasorio e o paseo fluvial.
A actuación permitirá crear un itinerario directo, seguro e accesible que conectará ambas marxes do río e facilitará o acceso a pé ao centro urbano, reducindo a dependencia do vehículo privado.
A alcaldesa, Digna Rivas, destacou que se trata dunha intervención que “humaniza a contorna e ofrece unha alternativa segura e amable para que a veciñanza poida desprazarse sen necesidade de usar o coche”.
Segundo o proxecto, a pasarela salvará o río sen necesidade de apoios no leito, co obxectivo de protexer o ecosistema fluvial e minimizar o impacto ambiental da obra.
A infraestrutura terá unha superficie aproximada de 100 metros cadrados, dos cales 16,20 corresponderán á propia pasarela, e contará cun deseño integrado na paisaxe con varandas de madeira e cimentacións de formigón armado.
O trazado estará adaptado á accesibilidade universal, con pendentes suaves que facilitarán o tránsito de persoas con mobilidade reducida.
O proxecto será financiado a través do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra, cun orzamento de licitación de 24.254 euros.
Outras novas
- La playa de Arealonga vuelve a permitir el baño tras recuperar la calidad del agua
- «Más de 50 planes para este fin de semana: Castrelos, Porrigalia, Sinsal, conciertos, fiestas y gastronomía»
- Os Ninguéns pide prohibir las empresas de desocupación tras el desalojo del ‘narcopiso’ de la rúa Brasil
- Casi un mes sin rastro de Mari Pereira: su familia vuelve a buscarla y pide ayuda para encontrarla
- Ryanair abre la puerta a volver a Vigo si bajan las tasas: el PP exige a Caballero que lo reclame a Aena





