Comarcas

Tomiño contrata a 19 persoas desempregadas ao abeiro do Plan +Provincia

Cubriranse ata sete postos diferentes a xornada completa

Traballo para 172 persoas desempregadas en 15 concellos: de Tui a Oia, pasando por Porriño ou Redondela

O Concello de Tomiño incorporará este ano ao se persoal a 19 traballadores e traballadoras contratadas a través do Plan +Provincia 2026 da Deputación de Pontevedra a través da liña 3 para a activación do emprego.

Estas novas incorporacións “permitirán reforzar e mellorar diferentes departamentos municipais que precisan máis persoal ou nos que se realizan traballos estacionais, pero tamén será unha oportunidade laboral a veciños e veciñas que están na procura de emprego”, sinala a alcaldesa, Sandra González.


Postos

A través deste plan de contratacións cubriranse ata sete postos diferentes con traballadores e traballadoras a xornada completa e contratos de entre seis e nove meses de duración. Así, está prevista a incorporación de:

  •  12 peóns de xardinaría.
  •  Dúas persoas como peóns de obras públicas en xeral.
  •  Unha persoa para mecánica de mantemento e reparación de automoción en xeral Oficial 2ª.
  •  Un soldador ou soldadora de estruturas metálicas lixeiras, especialista.
  •  Un técnico/a administrativo en xeral, categoría Oficial administrativo.

Como requisito debeán posuír a titulación ou titulacións de Ciclo Superior ou equivalente da familia profesional de Administración e Xestión que se establezan nas bases da selección.

  •  Un traballador ou traballadora social, categoría axudante titulado.
  •  Un enxeñeiro ou enxeñeira técnica forestal ou biólogo ou bióloga ou profesional da protección ambiental categoría de axudante titulado

Requisitos

As persoas candidatas deberán estar empadroadas en Tomiño, desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego, tanto no momento da sondaxe como no da contratación.

O Servizo Público de Emprego de Galicia será o encargado de realizar a primeira selección dos e das aspirantes. Na selección terán preferencia as persoas vítimas de violencia de xénero, maiores de 45 anos, persoas que acrediten unha discapacidade superior ao 33% sempre que permita realizar as funcións de cada un dos postos, familias monoparentais con fillos ou fillas ao seu cargo ou persoas con niveis de renda baixa e con cargas familiares.


Outras novas


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.