Cultura

Primeira edición dos premios ‘Antiviguesas Distinguidas’

En recoñecemento a persoas e organizacións que traballan por un Vigo socialmente xusto

Imagen creada con Inteligencia Artificial/ Se algo nos caracteriza aos galegos é esa retranca que permite responder con sorna a frases a barbaridades ao actitudes deplorables. Con ese espírito nacen en Vigo os premios “Antiviguesas Distinguidas”, unha iniciativa promovida por diversos colectivos sociais, veciñais e ecoloxistas que celebrará a súa primeira gala o vindeiro xoves 12 de marzo ás 19.00 horas no Café Uf.

A convocatoria pretende xogar, con humor, coa expresión “antivigo”, utilizada en ocasións polo alcalde e o Goberno municipal para referirse a colectivos críticos coa xestión da cidade. Lonxe de asumir a etiqueta como reproche, os organizadores decidiron darlle a volta e convertela nun recoñecemento simbólico ás persoas e organizacións que traballan por un Vigo máis xusto, sustentable e participativo.

Distinguir o labor de aqueles que destacan pola defensa de valores propios de Vigo

A gala estará conducida polo xornalista Javier H. Rodríguez e servirá para distinguir o labor de entidades que destacan no ámbito da xustiza social, a defensa do territorio, o modelo urbano ou a protección ambiental.

Detrás da iniciativa atópanse organizacións viguesas como Asociación Cultural Amigas das Árbores, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, FAVEC, Nós Mesmas, Salvemos A Barroca ou o Sindicato de Inquilinas de Vigo, entre outros colectivos participantes.

Desde a organización subliñan que o evento non pretende desacreditar os recoñecementos institucionais que cada ano concede o Concello, senón visibilizar outras voces da cidade que, segundo sinalan, moitas veces non atopan espazo no debate público.

En definitiva, a gala aspira a demostrar que, en Vigo, ser chamado “antivigués” pode acabar converténdose —cando menos por unha noite— nun título honorífico. Porque, como suxiren os impulsores da iniciativa, tamén hai quen traballa por mellorar a cidade… mesmo cando o fai desde a discrepancia.


Outras novas


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.