Comarcas

O comercio do Porriño toma as rúas coa XXXIII feira de oportunidades “Merca na Rúa”

Este venres e o sábado na zona peonil, con descontos especiais e actividades para as familias

O centro urbano do Porriño convértese esta fin de semana nun gran escaparate ao aire libre coa celebración da XXXIII Feira de Oportunidades “Merca na Rúa”, unha iniciativa que busca dinamizar a actividade comercial e fomentar o consumo no comercio de proximidade.

O evento, organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR) coa colaboración do Concello, desenvolverase este venres e o sábado, na zona peonil, cun horario continuo de 10:00 a 21:00 horas.

Durante dúas xornadas, os establecementos participantes sacarán os seus produtos á rúa para ofrecer descontos especiais, artigos de tempada e diferentes oportunidades de compra, achegando así a oferta comercial á veciñanza nun ambiente aberto e participativo.

Actividades para toda a familia

Ademais da actividade comercial, a programación inclúe propostas de lecer dirixidas especialmente ao público familiar.

Os máis pequenos poderán desfrutar de inchables o venres de 16:00 a 20:00 horas e o sábado de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Tamén se organizarán obradoiros infantís o venres e o sábado entre as 17:00 e as 19:00 horas.

Apoio ao comercio de proximidade

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, apunta á importancia deste tipo de iniciativas para a economía local. Segundo sinalou,Merca na Rúa permite fortalecer o comercio local, xerar movemento económico e converter o centro urbano nun espazo dinámico e atractivo.

Lorenzo subliña ademais que o comercio de proximidade é fundamental para a vida social e económica do municipio, e desde o Concello seguiremos apoiando todas aquelas accións que contribúan á súa promoción e consolidación”.

Con esta nova edición, “Merca na Rúa” consolídase como unha das citas comerciais máis destacadas do calendario municipal, contribuíndo a dinamizar o centro urbano e a reforzar o compromiso co consumo no comercio de proximidade.


Outras novas


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.