Comarcas

O Concello de Redondela amplía a rede de saneamento en Cabeiro

Os traballos contan cun orzamento de case 40.000 euros

O Concello de Redondela está a executar as obras de ampliación da rede de saneamento en Cabeiro. Concretamente, os traballos estanse a centrar nos camiños do Costal e da Coutada Vella, onde se está a instalar a canalización necesaria para conectar as vivendas á rede municipal.

Os traballos contan cun orzamento de preto de 40.000 euros. Esta actuación responde á prioridade de achegar o saneamento a pequenos núcleos de vivendas que historicamente carecían deste servizo. Segundo explica o concelleiro Roberto Villar, “o obxectivo é garantir que todos os veciños e veciñas de Redondela teñan acceso a uns servizos públicos de calidade, vivan no centro ou nas parroquias, eliminando pozos sépticos e mellorando a salubridade ambiental”.

Proxectos en tramitación

Ademais da obra en marcha en Cabeiro, o Concello traballa noutros puntos críticos do municipio. Actualmente, están en marcha os proxectos de saneamento en

  • Camiño da Chousa, en Vilar
  • No camiño do Lameiro, no Viso,
  • Camiño da Landra, en Cedeira
  • e o do Camiño Moucheiro, en Ventosela

Todos eles darán servizo  varios grupos de vivendas. “Trátase de lugares pequenos a onde aínda non chega a rede, e traballamos para poñer este servizo básico a disposición da veciñanza”. Villar explica que tamén se está a rematar o proxecto da estrada Aldea de Soutoxuste.

Outra das redes nas que se está a traballar é a do Camiño da Silveira, na Rabadeira. Este é un proxecto máis complexo “xa que precisamos chegar a acordos con particulares para a cesión de fincas  e tamén actuar na estrada N-555”. Por outra banda o Concello ten xa redactado o proxecto para executar o saneamento no camiño do Río Maior, que abrangue as parroquias de Trasmañó e Cedeira. Trátase dunha actuación “de maior calado” que está pendente da tramitación de fondos para a súa execución.


Outras novas


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.