O talento de Tomiño segue a abrir camiño no panorama da fotografía española. A nosa compañeira Pily Reñones chega aos Premios Goya con catro obras seleccionadas, consolidando o seu prestixio e converténdose nun referente do sector. Formada en Imaxe e Sonido, conta con máis de 25 anos de experiencia profesional e unha carreira marcada por recoñecementos internacionais.
No último ano, conseguiu dúas estatuillas de prata nos Muse AWARDS Photography, nas categorías de ‘Retrato’ e ‘Gráfico documental’, ademais dunha mención de honra que subliña a calidade técnica e creativa do seu traballo.
Catro obras nomeadas aos Goya
O vindeiro 7 de febreiro, Reñones regresará a Zaragoza, sede dos Premios Goya, con catro obras: dúas en libre creación e outras dúas en retrato. Estes galardóns, os máis prestixiosos do ámbito estatal, consolidan a súa posición no panorama español e sitúan a Tomiño no mapa da fotografía de excelencia.
Pily explica que «regresar a Zaragoza e ter o luxo de volver camiñar sobre esa alfombra vermella con compañeiros de toda España é un reto e un desafío que me fai crer e demostrar que desde o noso rural tamén se pode alcanzar a excelencia se somos constantes e traballamos nos nosos soños.”, e engade: «cando fotografío, intento ser a voz de quen non a ten».
Tras os Goya, Pily Reñones continuará con varios proxectos, entre eles un libro fotográfico que explora formas de vida de diferentes partes do mundo e outro centrado nas paisaxes rurais e as súas xentes.
Outras novas
- Los médicos de hospitales dejan de hacer horas extra para operar y pasar consulta
- España lidera el consumo mundial de benzodiacepinas
- Localizan en buen estado a una octogenaria desaparecida en Lalín
- Lluvia para empezar una semana, en la que el tiempo irá mejorando con el paso de los días
- El alcalde denuncia el ataque de Louzán a la candidatura de Vigo al Mundial 2030 y el PP le insta a dirigirse a la FIFA






