Un mariñeiro que traballaba a bordo do pesqueiro galego Novo Alborada, un barco con base no porto de Vigo, morreu cando faenaba fronte ás costas do condado de Kerry, no suroeste de Irlanda. No mesmo accidente resultou ferido outro tripulante, que permanece ingresado no Hospital Universitario de Cork.
O suceso produciuse durante as tarefas de pesca e, segundo apuntan medios locais, estivo provocado pola rotura dunha corda a bordo do arrastreiro. O Centro de Coordinación de Rescates Marinos de Valentia, no condado de Kerry, recibiu o aviso arredor das 09.00 horas tras ser alertado polas autoridades españolas.
Outras novas
- Antidroga desmonta la querella de una asociación de derecha extrema contra Zapatero, por narcotráfico
- Morre un mariñeiro dun pesqueiro de Vigo, fronte ás costas de Irlanda
- Salida sur: Caballero defiende que hay avances, mientras que Luisa Sánchez denuncia retrasos hasta 2036
- El Puerto de Vigo gestiona con éxito un atraque crítico tras un temporal en alta mar
- Arranca el proyecto de rampas de Gran Vía, entre As Travesas y Praza de España
Rescate
No momento do incidente, o Novo Alborada atopábase a unhas 30 millas ao suroeste de Valentia. No operativo de emerxencia participaron dous helicópteros do servizo de gardacostas irlandés e unha aeronave de ala fixa, que interviñeron para evacuar os tripulantes afectados.
Os servizos de rescate cualificaron a operación de moi complexa debido ás duras condicións do mar, con ondas de entre cinco e seis metros. O mariñeiro faleceu a bordo do pesqueiro antes de poidesen evacualo, mentres que o seu compañeiro foi evacuado ao Hospital Universitario de Cork para recibir atención médica.
Segundo os rexistros de navegación, o Novo Alborada saíra o pasado martes do porto de Castletownbere e desenvolvía actividade pesqueira habitual en augas irlandesas.





