A Xunta e a patronal galega manifestaron o seu rexeitamento a que o Goberno central impoña de maneira unilateral unha subida do salario mínimo interprofesional (SMI), tras a proposta do Ministerio de Traballo de incrementar esta contía un 3,1% -de 1.184 a 1.221€-.
O conselleiro de Emprego, José González, advertiu de que non se pode falar de diálogo social cando se presenta unha proposta pechada e, en caso de falta de acordo, se impón a decisión. Segundo indicou, calquera modificación do SMI debería basearse nun proceso de diálogo real e transparente entre Goberno, sindicatos e empresarios, co obxectivo de acadar consensos.
Dacordo coa Patronal
Pola súa banda, o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Vieites, reiterou que a patronal non se opón a unha suba do salario mínimo, pero defendeu que esta debe ser “moi moderada” e acordada no marco do diálogo social e da negociación colectiva. Vieites alertou do incremento acumulado do SMI nos últimos anos, superior ao 40%, e do seu impacto en determinados sectores produtivos.
Ambos coincidiron na necesidade de evitar decisións unilaterais e de buscar acordos equilibrados que permitan mellorar os salarios sen poñer en risco a sustentabilidade do tecido empresarial. As declaracións realizáronse no marco dunha reunión da mesa galega do diálogo social.
Otras noticias
- Vigo exige un autobús exprés a Peinador
- Empieza el juicio a un policía local acusado de agresión sexual
- Sánchez pide diálogo con el Canicouva ante el plan de construir viviendas en las antiguas casas de maestros
- Vigo deja casi listas las rampas mecánicas de Pintor Colmeiro para acabar con su histórica cuesta
- Un policía nacional fuera de servicio, salva en Cangas a un hombre de 77 años atacado por dos perros





