O interior de Galicia amenceu este sábado cunha intensa vaga de frío, con temperaturas mínimas por baixo dos cinco graos negativos en numerosos puntos do territorio. Os rexistros máis extremos déronse na localidade ourensá de Verín, onde os termómetros baixaron ata os -5,6 ºC, e nos municipios lucenses de Sarria e Portomarín, con mínimas de -5,3 ºC e -5,1 ºC, respectivamente, segundo os datos de Meteogalicia.
Ourense e Lugo
As provincias de Ourense e Lugo foron as máis afectadas por esta noite de frío intenso, con valores tamén próximos aos -5 ºC en Viana do Bolo e de -4,8 ºC en Xinzo de Limia. Estas temperaturas deixaron xeadas xeneralizadas no interior, especialmente nas zonas máis elevadas e afastadas da costa.
Para este sábado, Meteogalicia indica que Galicia permanecerá baixo a influencia dun potente anticiclón situado ao norte das Illas Británicas, o que favorecerá unha xornada estable, con ceos pouco nubrados en xeral e maior presenza de nubes nas zonas do leste da comunidade.
A pesar das xeadas matinais, as temperaturas máximas experimentarán un ascenso progresivo ao longo do día. O vento soprará frouxo de compoñente leste, con algún intervalo moderado no litoral norte, contribuíndo a manter a sensación de frío nas primeiras horas da xornada.
Outras novas
- O interior de Galicia esperta con temperaturas de ata 6 graos baixo cero
- El lunes, el Concello prorrogará el contrato de Aqualia hasta 2030 y estudiará la concesión del bus urbano
- Papá Noel tomas as rúas do Porriño, este domingo, cunha invasión moteira
- Luisa Sánchez propone bonos y campañas por barrios para reactivar el comercio local
- Suspendida la circulación ferroviaria entre Vigo y Santiago por una incidencia en la señalización





