A palabra ‘xenocidio’ foi elixida Palabra do Ano na campaña do Portal das Palabras, unha iniciativa promovida pola Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié. A votación popular pechouse cun total de case 7.200 participacións, das cales 2.948 optaron por este termo, o que representa máis do 40% dos apoios emitidos.
‘Xenocidio’ impúxose así á outra gran finalista, ‘foliada’, que acadou 1.315 votos, arredor do 20% do total. Esta última palabra simbolizou a alegría colectiva vivida en Galicia pola celebración das Letras Galegas dedicadas ás cantareiras, marcando un ano especialmente significativo para a cultura popular.
No terceiro posto situouse ‘lume’, con 843 votos, como reflexo da vaga de incendios forestais que marcou o pasado verán. Moi preto quedou ‘desfeita’, que obtivo 834 apoios, evocando as consecuencias ambientais e sociais derivadas destes e doutros episodios adversos.
Outras novas
- Muere un surfista en la playa de Porto Senín, en Oia
- Hallan a una mujer fallecida en una piscina de Catoira
- División en el PSOE de Pontevedra por el Plan Extra de la Diputación: 3 cargos socialistas apoyan la inversión y 6 se abstienen
- Vigo aumenta las becas de comedor de 45 a 70€ al mes, por alumno
- Detenidas seis personas en Vigo por tres robos con fuerza en una obra, un restaurante y un centro de estética
A quinta posición foi para ‘loia’, con 686 votos, un termo que fai referencia ás loanzas enganosas e que na actualidade se emprega para definir as informacións falsas ou fake news difundidas a través dos medios dixitais. Pechando a listaxe, ‘retrinco’ ocupou o sexto lugar con 564 votos, como homenaxe á figura de Castelao no marco do seu ano oficial en 2025.
A elección da Palabra do Ano volve poñer de manifesto a capacidade da lingua galega para nomear e interpretar a realidade social, cultural e política do momento, converténdose nun espello das preocupacións e vivencias da cidadanía.





