Cultura

‘Collón de Lola’ rende tributo ás cancións do Xabarín Club

Nunha noite chea de sorpresas e convidados especiais, patra pechar o ano na Sala Rebullón

O Xabarín Club, programa emblemático da Televisión de Galicia, deixou unha fonda pegada en toda unha xeración grazas á súa programación e, sobre todo, ás cancións que forman parte xa da memoria colectiva galega. Este sábado 27 de decembro, a Sala Rebullón, en Mos, acollerá unha homenaxe a ese universo musical cun concerto tributo a cargo de Collón de Lola.

A banda regresa aos escenarios coa súa formación clásica por primeira vez en dez anos, nun concerto que comezará ás 21:30 horas. As entradas poden adquirirse desde dez euros en venda anticipada en liña ou por quince euros na billeteira.

Emocións, sorpresas e convidados de excepción

O evento servirá tamén para celebrar o 15º aniversario de Collón de Lola, que promete unha noite cargada de emocións, sorpresas e convidados de excepción. Como adianto do espírito festivo da xornada, as cen primeiras persoas en mercar a súa entrada recibirán un bocata de nocilla á entrada da sala.

Antes do concerto, o público poderá visitar unha exposición dedicada á historia do Xabarín Club, completando así unha experiencia que combinará nostalxia, festa e música en directo en galego. A banda presentará unha escolma do seu repertorio, con máis de 30 temas que van desde cancións propias como Estou na lavadora ata versións de series míticas como Bola de Dragón.

Dende 2011, Collón de Lola leva o seu espectáculo por toda a xeografía galega, reivindicando un imaxinario no que conviven o rock, o bocata de nocilla e as series de debuxos en galego, cunha única relixión compartida: o Xabarín Club.

Lembra

Lugar: Sala Rebullón (Mos)
Data: Sábado 27 de decembro de 2025
Horario: 21:30 horas
Evento: Concerto tributo ás cancións do Xabarín Club a cargo de Collón de Lola

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.