Redondela súmase tamén ás celebracións do Pre Fin de Ano cunha proposta musical pensada para facer vibrar á veciñanza e quentar motores antes da despedida oficial do ano. A cita será o martes 30 de decembro, cando o Campo da Feira se transformará nunha auténtica macro pista de baile para gozar dos grandes éxitos das décadas dos 80 e dos 90.
O evento, organizado pola Concellería de Cultura, contará con actuacións de música en directo e sesións de picadiscos que porán ritmo a unha noite marcada polos “temazos” que fixeron historia. Soarán clásicos do pop e do rock que marcaron toda unha época, desde os grupos españois da movida até as grandes bandas internacionais.
A festa comezará ás 21:00 horas e prolongarase ata as 03:00 da madrugada, ofrecendo seis horas de música, baile e bo ambiente para despedir o 2025 como merece: cantando, bailando e celebrando xuntos.

