Comarcas

Doce uvas e cero escusas: Gondomar convoca á veciñanza a despedir o ano xuntos

O día 30, con música, DJ locais, carpa xigante, pantalla para as badaladas e moitas sorpresas

Gondomar despedirá 2025 por todo o alto cunha gran Festa de Pre Fin de Ano organizada polo Concello, que terá lugar o vindeiro martes 30 de decembro a partir das 21:30 horas na Praza Paradela. A cita promete converterse nun punto de encontro para toda a veciñanza, cun amplo despregue de medios técnicos, musicais e loxísticos para garantir unha celebración segura, participativa e pensada para todas as idades.

Carpa e pantalla xigante

Para facer fronte a calquera condición meteorolóxica, o Concello instalará unha carpa transparente de grandes dimensións, de 15 por 20 metros, que permitirá gozar da festa con comodidade. Ademais, colocarase unha pantalla xigante para seguir as badaladas con total visibilidade desde calquera punto da praza.

Música

A música será unha das grandes protagonistas da noite, cunha sesión continua a cargo de DJ veciños do municipio, entre eles DJ Blas, de Mañufe, e DJ Roger, de Gondomar. Tras as uvas, subirá ao escenario o trío musical Demasiadas Sombras e Poucas Luces, encargado de poñer banda sonora á entrada no novo ano.

Uvas

Un dos momentos máis esperados será o reparto das uvas. O Concello ten previsto entregar máis de 1.500 racións de uvas e máis de 400 racións de Lacasitos. O reparto realizarase de maneira organizada entre as 22:30 e as 23:30 horas, cun único vaso por persoa, para que todo o mundo poida prepararse con calma antes das campanadas.

A festa completarase cunha zona de foodtrucks e postos de venda ambulante, ampliando a oferta gastronómica e contribuíndo a crear un ambiente animado e festivo durante toda a noite.


Outras novas


O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, salienta que esta celebración “é unha oportunidade para xuntarnos como pobo e despedir o ano nun ambiente de alegría e convivencia”. O rexedor anima a toda a cidadanía a participar e compartir xuntos a entrada en 2026 na Praza Paradela.

Desde o Concello avanzan que haberá moitas sorpresas ao longo da noite e convidan tanto á veciñanza como ás persoas que se acheguen ao municipio a vivir un Pre Fin de Ano diferente, marcado pola convivencia, a música e a festa.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.