A Deputación de Pontevedra ofrece a próxima semana unha nova batería de obradoiros prácticos da Rede SmartPeme+, pensados para axudar a pemes, autónomos e persoas emprendedoras a mellorar a súa competitividade dixital.
Outras novas
- Fin de semana anticiclónico: más sol y ascenso de temperaturas, con Vigo rozando los 19 grados
- El Olympique de Lyon será el rival del Celta en los octavos de final de la Europa League
- O Entroido do Porriño regresa esta fin de semana con máis de 2.000 participantes nas rúas
- “Es un ataque contra Vigo”: Caballero acusa a Louzán de impedir que Balaídos sea sede del Mundial 2030
- La Casa del Rey señala que si Juan Carlos I vuelve, debe hacerlo fijando su residencia fiscal en España
🛡️ Ciberseguridade
• Luns 22 (12:00 h.) – “Ciberseguridade VI – contas online: mantenas a salvo”, organizado pola oficina de Barro. A sesión abordará a seguridade no uso de contas e servizos dixitais, unha das principais preocupacións do tecido empresarial. O asesor Manuel Tornos, con máis de trinta anos de experiencia en novas tecnoloxías, analizará boas prácticas e aplicacións habituais para protexer a información na rede. Inscricións AQUí
• Martes 23 (12:00 h.) – “Ciberseguridade VII – correo electrónico e mensaxería: protexe as túas comunicacións”, tamén coordinada pola oficina de Barro. Este último obradoiro do itinerario de ciberseguridade centrarase no uso seguro do correo electrónico e das aplicacións de mensaxería, co obxectivo de evitar ameazas como o phishing, a suplantación de identidade ou as fugas de datos. Inscricións AQUí.
🏨 Turismo dixital
• Luns 22 (17:00 h.) – “Motores de reservas para empresas turísticas” a través da oficina de Vigo. Ter instalado un sistema de reservas e dispoñibilidade en liña na páxina web, fai que un negocio turístico aumente a súa visibilidade en internet, aforrando tempos e incrementando os beneficios. Da man de Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo, as persoas participantes aprenderán a atraer máis turistas, que poderán reservar antes o seu aloxamento, actividades ou servizos turísticos, con total fiabilidade. Inscricións AQUí.
📊 Xestión de clientes (CRM)
• Martes 23 (17:00 h.) – “Como crear un CRM en Notion”. Nesta sesión práctica, Guillermo Nass, licenciado en Publicidade e especialista en márketing dixital, ensinará a crear un sistema completo de xestión de clientes utilizando a versión gratuíta de Notion, adaptado ás necesidades de autónomos e pequenos negocios. Un sistema sinxelo e gratuíto para organizar clientes, tarefas e orzamentos. Inscricións AQUí.
🎯 Márketing dixital
• Venres 26 (12:00 h.) – “Consegue máis conversións coa Landing Page perfecta”, organizado pola oficina de Pontevedra. Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual e con ampla experiencia en mercadotecnia en liña, explicará como deseñar páxinas de destino eficaces e que ferramentas empregar para mellorar as conversións e os resultados comerciais. Claves para deseñar páxinas que transformen visitas en clientes. Inscricións AQUí.





