Comarcas

A Deputación impulsa cinco novos obradoiros da Rede SmartPeme+ centrados na capacitación tecnolóxica

Abordarán ciberseguridade, deseño web, motores de reservas turísticas e xestión dixital para empresas

A Deputación de Pontevedra ofrece a próxima semana unha nova batería de obradoiros prácticos da Rede SmartPeme+, pensados para axudar a pemes, autónomos e persoas emprendedoras a mellorar a súa competitividade dixital.


Outras novas


🛡️ Ciberseguridade

Luns 22 (12:00 h.)“Ciberseguridade VI – contas online: mantenas a salvo”, organizado pola oficina de Barro. A sesión abordará a seguridade no uso de contas e servizos dixitais, unha das principais preocupacións do tecido empresarial. O asesor Manuel Tornos, con máis de trinta anos de experiencia en novas tecnoloxías, analizará boas prácticas e aplicacións habituais para protexer a información na rede. Inscricións AQUí

Martes 23 (12:00 h.)“Ciberseguridade VII – correo electrónico e mensaxería: protexe as túas comunicacións”, tamén coordinada pola oficina de Barro. Este último obradoiro do itinerario de ciberseguridade centrarase no uso seguro do correo electrónico e das aplicacións de mensaxería, co obxectivo de evitar ameazas como o phishing, a suplantación de identidade ou as fugas de datos. Inscricións AQUí.

🏨 Turismo dixital

Luns 22 (17:00 h.)“Motores de reservas para empresas turísticas” a través da oficina de Vigo. Ter instalado un sistema de reservas e dispoñibilidade en liña na páxina web, fai que un negocio turístico aumente a súa visibilidade en internet, aforrando tempos e incrementando os beneficios. Da man de Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo, as persoas participantes aprenderán a atraer máis turistas, que poderán reservar antes o seu aloxamento, actividades ou servizos turísticos, con total fiabilidade. Inscricións AQUí.

📊 Xestión de clientes (CRM)

Martes 23 (17:00 h.)“Como crear un CRM en Notion”. Nesta sesión práctica, Guillermo Nass, licenciado en Publicidade e especialista en márketing dixital, ensinará a crear un sistema completo de xestión de clientes utilizando a versión gratuíta de Notion, adaptado ás necesidades de autónomos e pequenos negocios. Un sistema sinxelo e gratuíto para organizar clientes, tarefas e orzamentos. Inscricións AQUí.

🎯 Márketing dixital

Venres 26 (12:00 h.)“Consegue máis conversións coa Landing Page perfecta”, organizado pola oficina de Pontevedra. Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual e con ampla experiencia en mercadotecnia en liña, explicará como deseñar páxinas de destino eficaces e que ferramentas empregar para mellorar as conversións e os resultados comerciais. Claves para deseñar páxinas que transformen visitas en clientes. Inscricións AQUí.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.