O Concello do Porriño pon en marcha este mércores o Tren do Nadal, unha iniciativa pensada para achegar a maxia destas datas aos máis pequenos a través dun percorrido pola iluminación e a decoración navideña da vila. Durante as tardes dos días 17, 18 e 19 de decembro, o tren estará reservado ao alumnado de distintos centros educativos do municipio.
Outras novas
- O Tren do Nadal do Porriño, arranca este mércores
- El alcalde pide a Rueda el cese «inmediato» de la conselleira de Medio Ambiente, por su «negligencia» en Eiras
- Rota a negociación do convenio da conserva
- ¡Llegó el día de los juguetes!
- COGAMI lanza una campaña para acercar su Servicio de Empleo a la juventud
En cada xornada participará arredor de medio cento de persoas por centro, incluíndo alumnado e persoal acompañante. Tomarán parte nesta actividade os colexios de Ribeira, Cruz Budiño, Antonio Palacios e Fernández López, así como os usuarios de Aceesca, combinando así unha experiencia lúdica cun compoñente educativo e inclusivo.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, subliña que “con esta iniciativa queremos achegar o espírito do Nadal aos nosos escolares e ás súas familias, fomentando a participación e o sentido de comunidade, ao tempo que promovemos actividades accesibles para todos”. O rexedor destaca tamén que “ver aos máis pequenos desfrutar da ambientación festiva pola vila é sempre un motivo de satisfacción”.
Dende o sábado, para todo o público
A partir do sábado, día 20, o Tren do Nadal abrirase ao público xeral, integrándose na programación cultural e festiva do Nadal. O servizo funcionará do 20 ao 23 e do 26 ao 29 de decembro, en horario de 11.00 a 13.00 horas e de 16.30 a 21.00 horas.
Xa no mes de xaneiro, o tren circulará os días 2, 3 e 4 no mesmo horario, con parada no polideportivo municipal, onde se celebrará O Porriño Peque Fest. Ademais, os días 24 e 30 de decembro e o 5 de xaneiro prestará servizo só en horario de mañá, de 11.00 a 13.00 horas, formando parte tamén da Cabalgata de Reis. Toda a programación pode consultarse na web ecultura.net.





