A Deputación de Pontevedra deu este luns un paso destacado na promoción turística das Rías Baixas coa chegada da campaña Cando volves? á Gran Vía de Madrid, un dos espazos con maior tránsito e proxección da capital. O deputado de Turismo Rías Baixas, Jesús Vázquez Almuíña, presentou a acción no Teatro Capitol acompañado polo alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida.
Desde hoxe e ata o 30 de novembro, o anuncio da campaña estará visibel preto de 2.000 veces entre as 07.00 e a 01.00 horas, coincidindo cun período no que aumenta o interese por viaxes e escapadas curtas. Segundo destacou Vázquez Almuíña, esta acción permitirá acadar máis dun millón de impactos potenciais.
A Gran Vía, pola súa elevada densidade peonil e a presenza constante de visitantes nacionais e internacionais, “é o lugar idóneo para captar a atención dun público amplo e diverso”. O obxectivo principal é avanzar na desestacionalización e descentralización do destino, animando ás persoas viaxeiras a descubrir as Rías Baixas fóra da tempada alta.
Outras novas
- El Consorcio Casco Vello adjudica un nuevo edificio en la rúa Alta para cinco viviendas protegidas
- Avanza el proyecto del Centro de Negocios y Vivero de Empresas de la Zona Franca, en Redondela
- El Celta pide a Madonna la camiseta que lució en Balaídos en 1990
- Luisa Sánchez supervisa el nuevo ascensor de Vigo Vertical en el que la Diputación invierte 759.000 euros
- Una masa de aire africano empeora la calidad del aire en Vigo
A campaña Cando volves? centra a súa narrativa no interior da provincia de Pontevedra, presentado como un territorio rico, acolledor e sostible. O audiovisual foi rodado en 40 localizacións de 23 concellos e ao longo do ano foi galardoado en festivais especializados de Xapón, Sudáfrica, Estados Unidos, España, Francia e Grecia.





