Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 70 persoas debido a 48 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas desde as 15:00 horas do venres, 14, ata as 23,59 horas deste domingo, 16 de novembro. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 21.
A Central de Coordinación do 061recibiu nestes días 76 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 19 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
| Provincia | Accidentes |
| A Coruña | 19 |
| Lugo | 7 |
| Ourense | 6 |
| Pontevedra | 16 |
| 48 |
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 57. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 6 accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 48 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria, prestaron asistencia sanitaria en dous accidentes.
En 59 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

