A pianista compostelá Isabel Dobarro foi unha das gañadoras nos Latin Grammy 2025, celebrados este xoves en Las Vegas. A música galega obtivo o galardón ao Mellor Álbum de Música Clásica polo seu disco ‘Kaleidoscope’ (Naxos-Grand Piano).
Con esta obra, Dobarro pretende reivindicar o talento feminino na música clásica, moitas veces silenciado, reunindo composicións de diversas compositoras contemporáneas de todo o mundo ás que admira. O álbum conclúe cunha peza inspirada no folclore galego, ‘Alalá dás paisaxes verticais’, da tamén compositora galega Carme Rodríguez.
Outras novas
- ¿Qué hacer este fin de semana en Vigo?
- Detenida una mujer armada, tras intentar atracar un local en la Gran Vía
- Cíes llena por primera vez, esta temporada
- Conflicto por el aeropuerto de Vigo: Caballero acusa a la Xunta mientras se negocian nuevas rutas aéreas
- ¿Hay proyecto o no hay proyecto para ampliar la grada de Tribuna y optar al Mundial 2030?
Visiblemente emocionada ao recibir o premio, Dobarro dedicou o galardón a toda a súa familia, especialmente ao seu marido, á súa irmá, ao seu sobriño, e sobre todo aos seus pais, de quen destacou o apoio constante desde que a levaron aos seus primeiros concertos no Auditorio de Galicia de Santiago.





