O Concello do Porriño avanza na ampliación da rede de saneamento municipal co proxecto de mellora en Budiño-Trapa, que suporá un investimento total de 220.430€, financiados a través do Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra. A actuación sairá a licitación nos vindeiros días e contará cun prazo de execución de dous meses desde a súa adxudicación.
Alejandro Lorenzo visitou o lugar onde se realizarán as obras e salientou que se trata dun proxecto esencial para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Trapa.
“O saneamento nas parroquias é unha das nosas grandes prioridades. Traballamos para que ningún veciño quede sen este servizo básico e seguimos cumprindo coa folla de ruta marcada desde o inicio do mandato”, explicou o alcalde.
Outras novas
- Caballero acusa a la Xunta de hundir parte del campo de fútbol de la ETEA
- El alcalde no debatirá en el Pleno sobre la gratuidad de la AP-9, para no «blanquear» a PP y BNG
- Policías salvan la vida a un sospechoso que se lanzó al mar cuando escapaba de ellos
- Dos detenidos tras intentar introducir más de 80 kilos de cocaína a través del puerto de Vigo
- Luisa Sánchez se coloca en primera línea del Concello para preparar el reto electoral de 2027
💧 Un proxecto integral de mellora dos servizos básicos
Na actualidade, o núcleo rural de Trapa, na parroquia de Budiño, carece de rede de saneamento municipal, polo que a actuación permitirá conectalo ao sistema xeral de saneamento do río Louro, eliminando as fosas sépticas individuais que se empregaban ata o de agora.
A obra contempla a prolongación da rede desde o núcleo de O Mosteiro, permitindo a conexión directa de 28 vivendas que dan servizo a máis de 140 habitantes. Ademais, o proxecto inclúe a reposición do pavimento dos camiños afectados, a mellora do drenaxe superficial e a renovación do alumeado público, que contará con luminarias LED de 40W, máis eficientes e sostibles.
🌿 Medio ambiente
Lorenzo subliña que esta actuación forma parte dun plan global de extensión do saneamento nas parroquias, co obxectivo de garantir servizos de calidade en todo o termo municipal e reducir o impacto ambiental das verteduras.





