Cultura

Que hai hoxe no Hematofesti?

Quequé gravando Hora Veintipico, espazo Gaming en Vialia, actividades para familias e a Hematogala, no Mar de Vigo

O festival comeza ás 12:30 h coa gravación en directo con público de Hora Veintipico, programa da cadena SER presentado por Héctor de Miguel ‘Quequé’, no Auditorio do Concello.

A inauguración do Espazo Gaming Nintendo en Vialia marca o comezo da tarde. O xigante xaponés dos videoxogos apoia por segundo ano o festival vigués pra que grandes e pequenos proben os xogos máis icónicos da casa na nova switch 2. A inauguración consistirá nun interesante encontro entre a desenvolvedora e escritora de videoxogos Concepción López Agulla e o autor de Anna Kadabra, Pedro Mañas.

Catro actividades para familias

A tarde continúa con catro actividades para familias:

  • Sesión de contos con David Rodríguez (Évame oroza, 18:00h)
  • Taller de xoguetes ópticos con Carmen Pintos (Librouro, 18:30h)
  • Taller de Fanzines con Diego Estevo (MARCO, 19:00h) e
  • Taller Frikeando con Dinos, con Rena Ortega (A Klandestia, 19:30h)

Hematogala

A xornada remata ás 21:30h. no Auditorio Mar de Vigo cunha das actividades más chamativas da segunda edición: a Hematogala, un espectáculo ao estilo dun show de variedades televisivo, presentado por María Lado e Touriñán. 

Contará coas actuacións de Ignatius, Grande Amore, IGMIG, Sobria y Serena ou Silvia Superstar, entre outros. Entradas desde 15€ entrando AQUí.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.