Este martes 4 arranca a segunda edición do ‘Hematofesti’, festival de literatura infantil e humor que celebra o legado de Miguel López (O Hematocrítico) cunha gran variedade de actividades para público adulto e infantil. O festival ten lugar en varios espazos da cidade de Vigo, do 4 ao 8 de novembro.
O acceso ao acto inaugural é de balde e sen reserva. As actividades infantís son de balde, pero requiren reserva de praza na web do festival. As entradas para a gran Hematogala con Ignatius Farray están á venda na web Teuticket.
Inauguración con Caspervek
A gala inaugural terá lugar o martes 4 ás 19:30 h, no Auditorio Municipal, e contará coa presenza de Ledicia Costas e Alberto Vázquez, directores do Hematofiesti, ademais do alcalde de Vigo, Abel Caballero. Tras a presentación, a banda viguesa Caspervek interpretará en directo a banda sonora de As aventuras do príncipe Achmed, filme dirixido pola cineasta alemá Lotte Reiniger, pioneira do cine de animación e creadora do sistema de animación de siluetas, co que está creado o filme. Die Abenteuer des Prinzen Achmed (título orixinal da cinta) é a longametraxe de animación máis antiga que se conserva.
Esta peza orixinal de Caspervek é un dos maiores éxitos da banda e unha das máis interpretadas ao longo dos anos, con actuacións en España, Eslovaquia e Letonia. A banda sonora rompe co estilo habitual da banda para explorar os sons das diferentes rexións que aparecen na película: ritmos do leste africano, melodías orientais e harmonías típicas da música árabe.
Caspervek é unha banda viguesa fundada en 2013 polo pianista Brais González e o percusionista Blas Castañer, seguindo coa tradición dos músicos que a finais do século XIX e principios do XX tocaban por enriba das películas mudas co fin de camuflar o ruído do cinematógrafo e entreter ao público.
Esa mesma tarde celebraranse tres eventos previos ao acto inaugural: a sesión de contacontos con David Rodríguez en Évame Oroza ás 18:00 h, a primeira sesión do obradoiro de fanzines con Diego Estebo no Marco ás 19:00 h e a presentación do libro Odio, de Gabriel Romero, na libraría A Klandestina ás 19:30 h.
A Hematogala, o gran evento do festival
Un dos eventos máis destacados da programación do Hematofesti é a Hematogala, que se celebra o xoves 6 de novembro ás 21:30 h no Mar de Vigo. A Hematogala é un espectáculo inédito, creado ad hoc para a ocasión e na que participan grandes nomes do humor galego e nacional: o cómico canario Ignatius Farray, un dos maiores referentes da comedia estatal da última década; o grupo galego Grande Amore; a banda local IGMIG; a cantante e empresaria viguesa Silvia Superstar; o xornalista Noel Ceballos; a compositora e podcaster Nus Cuevas e o dúo cómico Sobria y Serena (Arantxa Treus e Jazmín Abuín).
Esta alineación de luxo está conducida polo cómico Xosé Antonio Touriñán e a escritora María Lado. O espectáculo foi creado para a ocasión e conta coa dirección artística de Roberto Pascual e guión de Luismi Pérez y Rubén Ajau. Podes mercar aquí as entradas desde 15 euros.
Outras novas
- Lazoiro denuncia a existencia dun vertedoiro ilegal en Salvaterra
- Recogido el 90% del vertido de aceite de palma a la ría
- Desarticula una banda itinerante que actuaba con violencia en centros comerciales del área de Vigo
- “A Rueda le sale sarpullido cuando a Vigo le va bien”
- Detenida por retener y amenazar a su madre con un cuchillo
Últimas prazas para os obradoiros familiares
Hematofesti ofrece, do 4 ao 8 de novembro, catorce sesións de talleres e contadas con 250 prazas de balde, que xa se poden reservar a través da web do festival hematofesti.com. Moitos destes talleres xa teñen todas as prazas ocupadas, polo que se recomenda ás persoas interesadas en acudir que reserven praza canto antes.
Entre as sesións para familias, que terán lugar todos os días do festival en distintas librarías e espazos sociais e culturais de Vigo, atopamos contacontos diarios, divertidos talleres de fanzines, xoguetes ópticos, ilustración e costura.
Todo isto da man de artistas de primeiro nivel, como David Rodríguez, Diego Estebo, Bea Lema, Carmen Pintos, Iván R., Natalia Umpiérrez, Bea Gregores, Rena Ortega ou Berto Fojo. Nesta edición incorpóranse ademais as presentacións de libros infantís, cos autores Antonio Manuel Fraga, Lois Pérez, Gabriel Romero e Óscar Reboiras.






