Galicia ten en marcha desde o 29 de setembro a campaña de vacinación da gripe e da COVID-19

Consulta cando podes vacinarte

A Xunta de Galicia ten en marcha xa desde o pasado 29 de setembro a nova campaña de vacinación fronte á gripe e á COVID-19, que se prolongará ata o 31 de decembro e se realizará de maneira progresiva segundo os diferentes grupos de idade e colectivos priorizados.

Esta acción enmárcase na estratexia da Consellería de Sanidade para reducir a incidencia destas enfermidades respiratorias e previr complicacións, especialmente entre a poboación máis vulnerable. O Goberno galego fai un chamamento á cidadanía a participar activamente na campaña, lembrando que Galicia é líder estatal en taxas de cobertura vacinal, cun 71 % de vacinación antigripal en maiores de 65 anos, fronte ao 58,4 % de media en España.

�� Planificación da campaña

A campaña arrancou o 29 de setembro coa vacinación nas residencias de maiores e centros de persoas con discapacidade, onde tamén se inmunizou o persoal traballador. Este ano, como novidade, amplíase a administración da vacina de alta carga aos maiores de 70 anos, despois dos bos resultados do ensaio clínico “Galflu”.

O pasado día 13 de outubro comezou a vacinación infantil, coa extensión da vacina intranasal da gripe aos nenos e nenas de entre 24 meses e 11 anos, e coa posta en marcha dun programa piloto en 55 centros escolares para chegar a 19.000 alumnos de 3 a 11 anos. Trátase dun proxecto conxunto das consellerías de Sanidade e Educación, que busca acadar unha cobertura do 70 % neste grupo de idade e poder ampliar o modelo no futuro.

A partir do 20 de outubro, a vacinación esténdeuse a:
 Persoas de 70 e máis anos,
 Persoas inmunodeprimidas e
 Persoal sanitario e de urxencias.

O 3 de novembro comezará a inmunización das mulleres embarazadas e das persoas menores de 60 anos con patoloxías de risco, mentres que o 10 de novembro se iniciará a vacinación das persoas con 60 e máis anos, do persoal de servizos esenciais e de traballadores con exposición laboral.

Finalmente, a partir do 1 de decembro, será a quenda dos conviventes de persoas de risco e do resto da poboación xeral.

Unha campaña con novidades e enfoque preventivo

Ademais da vacinación por vía intranasal nos nenos, a campaña deste ano mantén o seu carácter preventivo e comunitario, buscando reducir tanto o número de casos como a gravidade das infeccións. A Consellería de Sanidade aposta por un modelo progresivo, descentralizado e máis cómodo para a cidadanía, evitando o uso de grandes recintos e reforzando a atención nos centros de saúde e nas residencias.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destaca que Galicia continúa á vangarda na loita contra as enfermidades respiratorias «grazas á súa aposta por unha vacinación accesible e adaptada a cada grupo de poboación».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.