O Concello de Gondomar, en colaboración coa Fundación Impulsarse e coa cofinanciación da Unión Europea, pon en marcha o programa “Talento Xove 2025”, unha iniciativa de formación gratuíta, presencial e con orientación laboral, destinada a mellorar a empregabilidade da mocidade do municipio.
A quen vai dirixido
O programa está pensado para mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, que se atopen en situación de desemprego e inscritos/as no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Formación ofertada
O itinerario formativo, de carácter presencial e que se desenvolverá no Centro de Desenvolvemento Local (CDL) de Gondomar, inclúe dous bloques principais:
- Formación troncal: Competencias dixitais avanzadas (60 horas)
- Formación específica: Actividades auxiliares de almacén (90 horas)
- Ademais, o programa ofrece orientación laboral personalizada e bolsa de asistencia remunerada, que permite ao alumnado recibir unha compensación económica durante o período formativo
- Máis información e inscricións:
As persoas interesadas poden solicitar máis información a través dos seguintes
contactos: [email protected]
Inma: 698 18 51 28
Pilar: 698 18 51 28

