Comarcas

Gondomar impulsa un gran proxecto de mellora viaria e senda peonil en Borreiros

O Concello investirá 1,3 millóns de euros nunha actuación integral que mellorará a accesibilidade e a mobilidade na parroquia

Gondomar impulsa un gran proxecto de mellora viaria e senda peonil en Borreiros

O Concello de Gondomar continúa a mellora das infraestruturas e servizos públicos locais coa preparación dun ambicioso proxecto de urbanización e senda peonil en Borreiros, que optará ao Plan Extraordinario da Deputación de Pontevedra.

Conectará o cruce de Telleiro con Sabarís e A Ramallosa

A actuación suporá un investimento total de 1.300.000€ e incluirá traballos de asfaltado, recollida de augas pluviais, saneamento, canalización e cubrición de cunetas, así como a creación dunha senda peonil moderna, segura e accesible.

Esta senda conectará o cruce de Telleiro con Sabarís e A Ramallosa, mellorando a mobilidade e a seguridade tanto para peóns como para vehículos.

O proxecto aspira a obter a máxima puntuación posible. Isto permitiría que o 80 % do investimento fose financiado polo organismo provincial e o 20 % restante asumido polo propio Concello.

«Infraestruturas de calidade»

O alcalde, Paco Ferreira, salienta que “este é un exemplo máis do esforzo constante que realiza o Concello por modernizar as nosas parroquias, levando infraestruturas de calidade a todos os barrios e garantindo unha convivencia segura entre vehículos e peóns. Estamos a falar dun investimento importante que terá un impacto directo no benestar da veciñanza de Borreiros e de todo Gondomar”.

Con esta iniciativa, Gondomar reafirma o seu «compromiso coa seguridade, a accesibilidade e o equilibrio territorial, impulsando actuacións que chegan a cada recuncho do municipio», conclúe Ferreira.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.