Deportes

Patos acolle o Campionato de Europa de Surf adaptado

Con 70 deportistas das 10 mellores seleccións do continente

O Concello de Nigrán vive un fito deportivo sen precedentes ao acoller o Campionato de Europa de Surf adaptado en Patos desde este mércores e ata o sábado -ou incluso o domingo se algunha proba hai que trasladala a este día por cuestións de olas-.

A inauguración tivo lugar esta tarde no propio areal co desfile dos 70 deportistas representantes das 10 mellores seleccións de toda Europa -España, Francia, Italia, Portugal, Reino Unido, Suíza, Alemaña, Dinamarca, Países Baixos e Reino Unido-.

Así, a competición internacional chega ao municipio, sede durante 4 anos consecutivos do Campionato de España e é posible grazas ao traballo conxunto da Federación Española e Galega de Surf xunto a todas as administracións -Concello, Deputación e Xunta-, a Fundación Bimba y Lola e o club nigranés Quenlla, único en Galicia adicado á diversidade. O Concello financia unha parte a través da liña 2 do Plan + Provincia 2025 da Deputación de Pontevedra.


Outras novas


Oito divisións

Os mellores deportistas paraolímpicos do continente participan clasificados entre as 8 divisións oficiais recoñecidas pola International Surfing Association (ISA) segundo o tipo de discapacidade: stand, kneel, prone, con discapacidade visual e máis.

Francia e España, con gran traxectoria no parasurf, son os únicos países que acoden con todos os equipos completos, polo que son os que máis aspiran a podios. Na selección española destaca o único representante galego Dani Souto, cego de un ollo e actual campión de Europa en categoría V2 que busca revalidar o título, ou a supermedallista Sarah Almagro, surfista malagueña tetrapléxica con títulos mundiais e europeos en categoría Prone 2.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.