A Praza Arquitecto Antonio Palacios acollerá o vindeiro sábado, día 11, unha nova edición da Feira do Pan do Porriño, unha cita xa consolidada no calendario gastronómico galego que combina tradición, cultura e turismo, e que cada ano enche as rúas da vila de visitantes desexosos de degustar o auténtico Pan do Porriño, un produto con máis de catro séculos de historia.
Outras novas
- Visibilizan ante la feria Conxemar los riesgos de la importación de pota procedente de la pesca ilegal
- Vigo prepara un árbol de Navidad, “el más importante del planeta”, con 45 metros de altura
- La línea de comunicación cuántica más larga de España enlaza, desde hoy, Vigo con Santiago
- Un sábado con moita miga
- Vigo tiene garantizado el suministro de agua, “aunque no llueva hasta enero”
Organizado polo Concello, coa colaboración da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) e a Asociación de Panadeiros do Porriño, o evento busca poñer en valor os produtos locais e “salientar a importancia do turismo gastronómico como motor de promoción e desenvolvemento económico para o municipio. O rexedor destacou “a importancia de seguir apostando pola promoción dos nosos produtos de calidade, que son auténticos embaixadores do Porriño e de Galicia máis alá das nosas
fronteiras”, apunta o alcalde, Alejandro Lorenzo.
Programa
A feira abrirase ás 11.00 horas e celebrarase ao longo de todo o día, contando cun posto aberto de venda de pan do Porriño, no que se poderá adquirir a tradicional bola de Pan do Porriño. A Asociación de
Panadeiros, colaboradora esencial da feira, ofrecerá ao público unha ampla mostra do seu traballo
artesanal e divulgará o proceso de elaboración dun produto que combina historia, calidade e sabor. A súa
presenza reforza a esencia da feira e o compromiso do sector coa promoción gastronómica e turística da
vila.
Trala inauguración a cargo do alcalde, a programación abrirase coa actuación de música e baile tradicional, “Regueifa”, da Asociación Cultural Sadeo, e, a continuación showcooking con degustación de receitas elaboradas con Pan do Porriño a cargo da recoñecida cociñeira Coque Fariña (@mi_coquetería).
A partir das 13.30 horas será a quenda da tradicional feira e xantar popular de polbo e porco ao espeto, amenizada polo DJ Mus
Ás 17.00 horas realizarase un obradoiro infantil “Peque Pan”, pensado para que os máis pequenos da casa aprendan de forma divertida o proceso de elaboración do pan.
A partir das 18:30 horas, o público poderá gozar da degustación “Experiencias de Calidade”, con
embutidos e queixos con Denominación de Orixe de Galicia, a cargo de Salomé Beiroa, unha actividade
patrocinada por AGACAL.
A feira pechará coa actuación musical do grupo La Patrulla, que porá o broche final a unha xornada
dedicada á calidade, á tradición e ao orgullo de ser do Porriño.