O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou o mes de setembro frío, e cun 30% menos de precipitacións do normal neste período.
En concreto, o pasado mes caracterizouse por unha primeira metade durante a que Galicia quedou na influencia de baixas presións que achegaban aire frío e inestabilidade, e unha segunda parte con situacións anticiclónicas máis frecuentes.
Temperaturas
No que respecta ás temperaturas, a media en setembro foi de 17,2 graos, 9 décimas menos do valor habitual neste período, o que significa que se tratou dun mes frío. De feito, segundo os datos rexistrados en once estacións meteorolóxicas representativas, as desviacións medias das temperaturas mínima (-1 grao) e máxima (-0,8 graos) foron tamén inferiores aos valores normais neste mes.
Máis polo miúdo, a media da temperatura mínima en Galicia en setembro foi de 10,5 graos. Os valores máis baixos (5,6 graos e 7,2 graos) rexistráronse nas serras do Larouco, Queixa e Eixe, mentres que os más altos (entre 13,4 graos e 14,8 graos) localizáronse na costa oeste, sobre todo, na área da ría de Vigo.
En canto ás temperaturas máximas, a media foi de 21,9 graos. Na ribeira do Miño ourensá, nos Canóns do Sil e no val do Támega rexistráronse os valores máis altos (entre 25,7 e 27 graos) e os máis baixos (16,4 graos e 18,2 graos) déronse en Cabeza de Manzaneda.
Outras novas
- Abel Caballero ha propuesto a 21 de los 23 Vigueses Distinguidos de este 2026, dejando sólo dos a la oposición
- El alcalde declara que Rueda ha hecho «el ridículo”, tras retrasarse el AVE Vigo-Oporto hasta 2033
- ARVI alerta del riesgo de paralización del sector pesquero, por la subida del combustible
- ‘Fogar Vivo’ recibe 73 solicitudes no primeiro día, para mobilizar vivendas baleiras cara ao alugueiro accesible
- Caballero vuelve a acusar a Louzán de “mentir descaradamente” sobre la candidatura de Vigo al Mundial 2030
Precipitacións
Por outra banda, a precipitación media acumulada en Galicia no mes de setembro foi de 58 l/m 2 e, segundo o valor medio das anomalías rexistradas nas 16 estacións meteorolóxicas representativas, isto supón un 30% menos do habitual neste período.
As cantidades de precipitación máis elevadas rexistráronse nas serras litorais con valores de entre 130 e 190 l/m 2 , mentres que os valores máis baixos (entre 5 e 20 l/m 2 ) se localizaron na zona meridional da meseta de Lugo e no leste da provincia de Ourense.





