Comarcas

O Cunqueiro contará cunha horta biosaudable para o benestar dos pacientes

Os produtos da mesma serán destinados a organizacións sociais e entidades solidarias

O Hospital Álvaro Cunqueiro contará nas próximas datas cunha nova instalación consistente nunha horta sanitaria biosaudable destinada á promoción da saúde, a inclusión social, e a educación ambiental, que fomenta a economía circular e o benestar de pacientes, profesionais e comunidade.

Así, con esta instalación preténdese desenvolver programas orientados á prevención e mellora da saúde en pacientes seleccionados para a realización de actividades de horticultura terapéutica, «ademais de tratar de fomentar o voluntariado profesional sanitario neste labor e establecer vías de comunicación e cooperación coa área de influencia do hospital; en especial, centros de educación primaria da contorna e á formación agrícola básica a persoas desempregadas sobre educación ambiental, axestión de residuos, o compostaxe e a intervención paisaxística».

Os produtos obtidos na horta serán destinados a organizacións sociais e entidades solidarias que colaboran na atención alimentaria a familias en situación de vulnerabilidade da cidade de Vigo e os mesmos produtos hortícolas ou florais poderanse utilizar dentro do ámbito do propio hospital sempre en fins sen ánimo de lucro.

Mil metros para a educación ambiental

A horta -na que xa se está a punto de finalizar os seus traballos de adaptación- está localizada nun espazo de mil metros cadrados dentro do xardín existente sobre a cuberta da planta 0 do hospital e disporá de diversas áreas, entre as que destacan con 14 bancais para diferentes plantacións hortícolas-duns 10 metros cadrados de superficie cadanseu- distribuídos de forma modular e funcional e adaptados á diversidade de usuarios, incluíndo persoas con certos problemas de mobilidade.

Ademais, contará cun invernadoiro de 40 m2 de superficie e 3,5 m2 de altura na súa parte central, que permitirán a produción durante todo o ano e a realización de actividades ao aire libre protexidas das condicións meteorolóxicas.

Esta instalación complétase cun secadoiro de sementes e de almacenamento de mulch ou materiais de acolchado, xunto con compostoiros e unha casa de apeirospara ferramentas, substratos e produtos de mantemento. No seu perímetro, haberá plantas aromáticas -fomentando as herbas medicinais e flores- e contará con sistema de regadío e alumeado.

Así mesmo, disporanse elementos sensoriais e decorativos que favorecerán a interacción emocional e cognitiva dos usuarios, especialmente en contextos de terapia ocupacional e saúde mental.


Outras novas


Fomento da participación activa

A superficie total estará organizada coidadosamente para facilitar tanto o mantemento como a participación activa de pacientes, persoal hospitalario e colaboradores externos, «co obxectivo de xerar beneficios en saúde física, emocional e social, reducindo o estrés e favorecendo o vínculo coa natureza nun entorno clínico».

Na actualidade, os traballos desta instalación están en estado moi avanzado e, nos vindeiros días vaise montar a estrutura do invernadoiro.

«Esta experiencia parte desenvolvemento de proxectos de participación conxunta, que poderán implicar tanto a pacientes como a profesionais sanitarios, sempre orientados aos obxectivos de promoción da saúde, benestar emocional e educación social e ambiental que inspiran a presente iniciativa».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.