Sin sección

‘Somos Criminais e punto final’ aterra en Vigo por última vez e por partida dobre

O Mar de Vigo acolle a dobre función da terceira parte da triloxía de Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán

A terceira e última entrega dunha das propostas máis exitosas do teatro galego chega a Vigo esta fin de semana con dúas citas consecutivas: o sábado 4 e o domingo 5 de outubro. Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán presentan no Auditorio Mar de Vigo ‘Somos Criminais e punto final’, a derradeira parte dunha triloxía que acadou máis de 100.000 espectadores desde a súa estrea en 2018.

Así, esta nova produción, con dramaturxia de José L. Prieto, Blanco e Touriñán, está dirixida por Tito Asorey e conta cun equipo artístico no que destacan Dani Juncal (iluminación), Carlos Alonso (dirección de arte), Santi Jul (espazo sonoro) e Laura Canto ePaco Abelleira (produción).

Tras Vigo, a xira continuará en Vilagarcía (25 de outubro) e rematará o 1 de novembro na Coruña, cun balance previsto de máis de 10.000 espectadores nesta derradeira etapa.

A outro planeta

Desta, o argumento sitúa ao público en Galicia, a piques do fin do mundo. A nave Arteixo II, capitaneada por Carlos Blanco e Touriñán, debe evacuar a un grupo de elixidos cara a un novo planeta, levando consigo todo o patrimonio humano e cultural que fai única a identidade galega.

As entradas están dispoñibles a través da web oficial do espectáculo- www.somoscriminais.gal-.  

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.