Comarcas

Denuncian que o goberno de Redondela perdeu catro axudas da Xunta para construír a Escola Infantil de Chapela

Cando en 2019 herdou todo feito para que fose unha realidade

A oposición municipal de Redondela vén de lamentar que o goberno de Digna Rivas teña «totalmente abandonado» o proxecto de construción da Escola Infantil de Chapela «despois de perder seis anos para a súa execución» e deixar pasar ata catro convocatorias de axudas de fondos europeos, desde 2022.

O Grupo Popular criticaron que o executivo local deixase pasar todas as oportunidades desde o ano 2019, momento no que houbo cambio de goberno e no que, o equipo dirixido por Javier Bas, deixou todo listo e acordado coa Xunta a falta da tramitación urbanística correspondente para cambiar a calificación dos terreos.

Un centro de prazas

Así, apunta o ex alcalde, a Consellería de Educación estaba disposta a achegar ata 800.000€ para unha escola infantil dun cento de prazas, «pero tardaron case dous anos en facer a modificación urbanística, que quedou aprobada finalmente en marzo de 2021, e perderon eses fondos”.

Pero ademais, e co cambio do modelo de financiamento para estas escolas, o líder da oposición en Redondela tamén valora moi negativamente que o Concello non presentase ningún proxecto a ningunha das catro convocatorias realizadas polo Goberno galego para financiar a construción de escolas infantís municipais, que era a nova vía para sufragar o inmoble e que en principio non se vai lanzar de novo.

“Nestes anos concellos como Mos, O Porriño ou Ponteareas si que optaron a estas achegas para ampliar a súa rede de escolas infantís, e incluso tamén municipios socialistas, como O Grove ou A Guarda no mandato anterior, pero incomprensiblemente en Redondela non aspiraron a estas achegas e limitaron a facer as súas reclamacións con queixas ante os medios de comunicación, pero está claro que ese non é o camiño para que Chapela conte con este servizo que, para nós, é imprescindible e irrenunciable”, sinala Javier Bas.


Outras novas


O Goberno de Galicia, decidido a facer a escola en Chapela

Bas concretou que o compromiso da Xunta coa conciliación de Redondela “é facilmente demostrable e cuantificable”, xa que inviste 970.000€ anuais para a gratuidade de case 200 prazas infantís e sempre amosou a súa disposición a colaborar na escola de Chapela, “pero non se lle pode dar a quen non pide”, en referenza á falta de proxecto e de solicitudes por parte do Concello.

Todo listo en 2019

O ex alcalde, subliña que «deixamos todo practicamente listo en 2019 e tardaron tanto nun pequeno cambio urbanístico que perderon a oportunidade do convenio, logo non aspiraron ás convocatorias de axudas e agora non teñen unha saída fácil para o financiamento, polo que estamos ante un auténtico drama para as familias de Chapela”.

Por tanto, recoméndalle á alcaldesa que busque alternativas cos fondos da Deputación ou doutras administracións “porque é inadmisible que no 2025 sigamos sen escola infantil en Chapela e non podemos agardar dous anos máis”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.