A Xunta comezou este luns, nas residencias de maiores e nos centros de persoas con discapacidade, a campaña de vacinación fronte á gripe e á covid da temporada 2025-2026, que se estenderá ata o
vindeiro 31 de decembro. Nesta primeira fase da campaña inmunizarase nos propios centros, tanto a usuarios como ao persoal destas institucións.
Vacinas reforzadas…desde os 70 anos
Como en anteriores campañas, as doses da vacina antigripal que recibirán serán as reforzadas. Como novidade, este ano tamén se administrarán as doses de alta carga a todas as persoas desde os 70 anos, debido á evidencia científica acadada co ensaio clínico Galflu que demostrou o incremento da protección nesta poboación.
Na última campaña, Galicia foi líder nas taxas de cobertura tanto en gripe como en covid. De feito, a taxa de vacinación da gripe en maiores de 65 anos en Galicia foi dun 71%, fronte ao 58,4 % en España.
Polo que se refire a persoas maiores de 70 anos comecen a ser citadas a partir do 20 de outubro.
Outras novas
- Uns 80.000 traballadores da construción en Galicia, chamados á folga
- Agentes de la Policía Nacional salvan la vida de un ciudadano en pleno centro de Vigo
- El papel de los abuelos: transmitir a los más jóvenes la simbología de las flores de duelo y las tradiciones familiares
- Reclaman que Alfageme no sea otra operación inmobiliaria
- La Confederación de Empresarios de la provincia rechaza el paro de 2 horas en solidaridad con Gaza
Vacinación infantil
En relación con esta campaña, outra das novidades é a ampliación -no que se refire á vacina da gripe- ata os 11 anos e a posta en marcha dun programa piloto de vacinación escolar, coa aplicación da vacina por vía intranasal.
Así,a partir do vindeiro 13 de outubro aplicarase en 55 centros educativos para alumnado de 4º, 5º e 6º de educación infantil e de todos os cursos de educación primaria. Búscase chegar a 19.000 nenos de entre 3 e 11 anos, é dicir, nados entre 2014 e 2022.
Á vista da experiencia e das coberturas de inmunización acadadas, a Xunta avaliará a extensión do
proxecto piloto ao resto de centros escolares en futuras campañas de vacinación.
Os centros educativos seleccionados da área sanitaria de Vigo son:
- CRA María Zambrano (O Rosal)
- CPR Plurilingüe Lar (Mos)
- CRA Raíña Aragonta (Salceda de Caselas)
- CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón (Salvaterra de Miño)
- CEIP Plurilingüe García Barbón
- CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro
- CPR Plurilingüe Santiago Apóstol
- EEI Vila Laura ( estes catro últimos en Vigo)
Para o resto de nenas e nenos de 6 meses a 11 anos, a vacinación facilitarase no seu centro de saúde. Do mesmo xeito, esta campaña non será preciso recorrer á apertura de grandes recintos e
todas as persoas chamadas a vacinarse poderán facelo no seu centro de atención primaria.