Cultura

“Porriño en Festas!”

As xogadoras do Balonmán Porrtiño dan a saída ao Cristo, que o luns contará coa Panorama e París de Noia

"Porriño en Festas!"

Cun berro de equipo “Porriño en festas!” así foi como deron o pistoletazo de saída oficial das Festas do Cristo as pregoeiras deste ano. As xogadoras do equipo feminino de División de Honra do Club de Balonmán Porriño subíronse ao balcón do Concello para dirixirse á veciñanza e visitantes que ateigaban este mediodía a Praza Arquitecto Antonio Palacios.

Alicia, Aitana, Paula, Iria e Katia foron as encargadas de poñerlle voz a todo o equipo, subcampión de
Europa cunhas verbas cheas de emoción, orgullo e gratitude. Durante as súas intervencións, as xogadoras destacaron o apoio incondicional que sempre reciben da afección e da veciñanza en xeral, a importancia das tradicións locais e o vínculo entre deporte e comunidade.

Sábado, 27

A festa continuará ao longo de toda a xornada de hoxe, prolongándose ata o vindeiro luns, festividade
local no Porriño.

  • Así, esta tarde, a partir das 18.00 horas, haberá animación de rúa con batucadas e obradoiros infantís nos soportais
  • Ás 19.00 horas no Círculo Recreativo Cultural tocarán a Agrupación Musical do Porriño e a Banda Unión Musical de Tenorio
  • A orquestra Ritmo Joven amenizará a verbena a partir das 22.30 horas na Praza Central

Dabuten! Remember Festival

O DJ e produtor máis icónico da escena dance europea dende os anos 90, Sash! será o cabeza de cartel
do Dabuten! Remember Festival, a gran cita musical da xornada, a partir das 22.00 horas, con entrada
gratuíta, no aparcadoiro da rúa Progreso. A actuación de Sash! está previstas para as 00.30 horas,
previamente actuarán Dmirón (22.00 h) e Traffic House (23.15 h) e despois Groove Amigos (01.45 h) e Michi (03.00 h).

Domingo 28

Os actos relixiosos centran a xornada matinal do domingo. A misa solemne oficiarase ás 12.00 horas na
igrexa de Santa María, amenizada pola Coral Polifónica da EMM do Porriño, trala cal terá lugar a
procesión do Santísimo Cristo da Agonía cara a capela do Cristo, acompañada pola Banda de Guerra da
Brilat, a Escuadra de Gastadores e a Banda de Gaitas Os Coribantes.

  • De novo haberá animación de rúa con batucadas e charangas, de 12.00 a 14.30 e de 18.00 a 20.30 horas.
    E para os máis pequenos da casa, ás 18.00 horas chegará ao Porriño o espectáculo de Cantajuego “Coco y Pepe”, na rúa Domingo Bueno, de xeito paralelo no Parque do Cristo, haberá tamén obradoiro infantís.
  • A partir do serán música, primeiro da man de Os Coribantes, ás 19.30 horas na Praza Arquitecto Antonio Palacios
  • E logo coas orquestras Galilea e América, a partir das 21.00 horas, na Praza Central e na rúa Domingo Bueno.

Outras novas


Luns 29

O luns, festividade local, oficiarase a xa tradicional a misa solemne de campaña ao mediodía no Parque do Cristo e ao rematar concerto da Banda de Música Municipal de Redondela, que volverá a actuar pola
tarde, ás 19.00 horas, no mesmo lugar xunto coa Banda de Música Cultural de Arcade.

  • Haberá tamén animación de rúa de 12.00 a 14.30 e de 18.00 a 20.30 horas
  • Ademais, ás 17.00 horas na Praza Arquitecto Antonio Palacios, “Jauja, xogos e cancións do país soñado” a cargo de Titiriteros de Benéfar.
  • Xa pola noite, broche de ouro, coas orquestras París de Noia, ás 21.00 na rúa Domingo Bueno e Panorama no aparcadoiro da rúa Progreso, ás 23.45 horas.

Te podría interesar