O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asegurou que o verán “volveu ser un auténtico éxito” para o turismo nas Rías Baixas. Con motivo da conmemoración do Día Mundial do Turismo, o mandatario provincial fixo balance da campaña estival na que a provincia rexistrou preto 700.000 visitantes, cun aumento do turismo internacional do 4,25 %, entre os meses de xuño e agosto que consolidan ás Rías Baixas como o destino líder en Galicia.
Rias Baixas Go
López salientou que o organismo provincial seguirá apostando por experiencias ligadas á natureza, ao deporte e á tecnoloxía, como a nova aplicación móbil Rías Baixas Go presentada este sábado nun acto con informadores da Rede de Turismo Rías Baixas e profesionais do sector no Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas.

Más de 200.000 visitantes doutros países
Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) e da rede de Oficinas de Turismo Rías Baixas, entre os meses de xuño e agosto visitaron a provincia un total de 700.000 persoas ademáis, tal e como subliñou o presidente, de todo o volume de visitantes, unhas 490.000 procedían doutros lugares do
Estado, mentres que máis de 210.200 chegaron desde outros países.
Un aumento do visitante internacional que demostra que “as Rías Baixas son cada vez máis atractivas para os turistas de fóra de España, cun notable ascenso do 4,26%”, subliñou o Luis López.
En canto a ocupación, o destino Rías Baixas reafirma o seu liderado en Galicia, cunha media do 60 % e unha estancia promedio de entre dúas e tres noites. Tamén aumentaron neste verán, con respecto ao mesmo período do ano 2024, as visitas aos castelos de Soutomaior e Sobroso cun total de 20.000 visitantes, así como os peregrinos que completaron algunha das variantes do Camiño de Santiago que atravesan a provincia cun total de 78.058 camiñantes que elixen maioritariamente o Camiño Portugués, seguido da súa variante pola costa, que é o itinerario que máis medra.
Preto do 60% dos turistas non coñecían a provincia
Ademais, o presidente provincial fixo fincapé nun dato extraído do informe das oficinas de Turismo Rías
Baixas que indica que o 58,44% dos visitantes que chegaron este verán ás Rías baixas aínda non coñecían a provincia. “Un dato que podemos interpretar de dúas formas e as dúas son moi positivas. Por un lado, que as Rías Baixas chegan cada ano a máis xente. E, por outro, que moitos dos que nos descobren, repiten”, celebrou López, quen sostén que “a nosa aposta por un turismo sustentable e ligado á natureza, ao patrimonio e á cultura é o camiño correcto”.
Outras novas
- A la cárcel por contactar con su expareja, a través de perfiles falsos en redes sociales
- O Pleno de Redondela da luz verde á compra de Villa Elisa, para a nova biblioteca municipal
- “Porriño en Festas!”
- As Rías Baixas recibiron 700.000 visitantes este verán, deles más de 210.000 estranxeiros
- El lunes, el Concello aprobará otra subida de los impuestos municipales del 4%
Aplicación móbil para impulsar novas rutas pola provincia
Estes bos resultados animan a Deputación a “seguir traballando nun modelo turístico cunha oferta
variada, moderna e innovadora, respectuosa co medio ambiente e ligada ao deporte e ao territorio”. Unhas
características que, sinalou o presidente provincial, se corresponden coa aplicación móbil Rías Baixas Go.
Trátase dunha nova ferramenta para descubrir cinco novas rutas repartidas por todo o territorio da provincia para completar tanto a pé como en bicicleta. A través das tecnoloxías da xeolocalización, os videoxogos e a realidade aumentada o usuario poderá descubrir os segredos que agochan estes cinco novos itinerarios: Grandes legados Rías Baixas (sur da provincia e ría de Vigo); Viaxe ao pasado Rías Baixas (Interior do sur da provincia); Galifornia Rías Baixas (Rías de Pontevedra e Arousa), Terras lexendarias de Rías Baixas (norte da provincia) e Familias en ruta polas Rías Baixas (Interior leste da provincia: Deza e Terra de Montes).
Ademais, os usuarios desta nova aplicación contarán cun guía moi especial: Batea, unha mascota con forma de mexillón das Rías Baixas que exerce de guía virtual destas cinco rutas e que poderá conseguirse tamén de forma física en forma de peluche.