A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ana Ortiz, visitou este xoves as obras de
recuperación do barrio histórico de O Berbés, onde avanza a rehabilitación dun inmoble en mal estado para poñer a disposición da cidadanía dúas vivendas de promoción autonómica.
O edificio, situado no número 39 da Ribeira do Berbés, tamén con saída ao número 2 da rúa San
Francisco, está en obras nas que o Consorcio investiu 562.798€ para rehabilitar o inmoble e construir dúas vivendas de 90 e 106 m2.
Dez edificios
Nesta zona o CCVV xa adquiriu dez edificios permitindo a creación, ata este momento, de 6 vivendas, xa habitadas tras a súa adxudicación. A estas seis, situadas nos números 29, 31 e 41, sumaranse agora as dúas do número 39.
Outras novas
- ¿Qué hacer este fin de semana en Vigo?
- Detenida una mujer armada, tras intentar atracar un local en la Gran Vía
- Cíes llena por primera vez, esta temporada
- Conflicto por el aeropuerto de Vigo: Caballero acusa a la Xunta mientras se negocian nuevas rutas aéreas
- ¿Hay proyecto o no hay proyecto para ampliar la grada de Tribuna y optar al Mundial 2030?
Outros catro edificios foron cedidos polo Consorcio para a creación da sede urbana da Universidade de Vigo (na agrupación dos números 11, 13 e 15) e do Albergue de Peregrinos no número 5. O Consorcio adquiriu tamén o edificio situado no número 7, actualmente xa baleirado.





