72 das 100 persoas participantes no Programa Integrado de Emprego (PIE) do Concello do Porriño foron contratadas ao longo do programa, «superándose tamén o obxectivo comprometido coa Xunta de Galicia de acadar o 40% de inserción laboral».
Este programa ao igual que outros en materia de emprego e formación foi financiado na súa maior parte polo executivo autonómico. Nesta ocasión, o Programa Integrado de Emprego contou cunha inversión total de 275.000 euros, dos cales 220.000 están financiados pola Xunta e a cantidade restante asumida polo Concello.
«O feito de que máis do 70% dos participantes conseguiran xa un contrato de traballo supera as nosas expectativas, máis aínda tendo en conta que o prazo para completar o obxectivo de inserción marcado pola Xunta aínda vai máis alá do peche oficial do programa, polo que esta cifra de inserción será superior”, explicou o alcalde Alejandro Lorenzo durante o acto de entrega de diplomas, este mércores no Multicentro de Torneiros.
Unha selección entre 1.800 persoas
Pola súa banda, Rosario Costas, concelleira de Emprego e Formación, explica que para levar a cabo este programa tívose en conta o perfil dunhas 1.800 persoas desempregadas. Delas, unhas 280 participaron no proceso de selección, das cales resultaron as 100 que máis interese amosaron e as que finalmente participaron no programa, pertencentes todas elas aos colectivos de: menores de 30 anos sen cualificación, vítimas de violencia de xénero, persoas con discapacidade, desempregadas de longo duración, maiores de 45 anos e mulleres en xeral, de feito, salientou Costas, a alta porcentaxe feminina entre os participantes, preto do 80%.
Logo da selección do alumnado realizáronse entrevistas individuais e grupais e leváronse a cabo distintos itinerarios formativos e formacións transversais que supuxeron un total de 981 horas, ás cales hai que sumar máis de 900 sesións de orientación e titorización.
Outras novas
- Caballero dice que irá solo si hace falta: «Balaídos se reformará con o sin Xunta y Diputación»
- La DGT retira la homologación a cuatro balizas V16 a 48 horas de que su uso sea obligatorio
- Vigo prorroga la gestión de Aqualia hasta 2030
- El Concello licita el transporte urbano por 195,9 millones de euros para los próximos nueve años
- La jueza pide a Feijóo los mensajes que le envió a Mazón el día de la DANA
Inserción laboral
Alejandro Lorenzo subliña que o obxectivo fundamental do Programa Integrado de Emprego é a inserción laboral, o alumnado tamén realizou prácticas profesionais non laborais en diversas empresas da contorna, nas cales unha vez rematado ese período, algúns deles conseguiron un contrato de traballo. Por outra banda, tamén é a destacar o autoemprego, pois tres das persoas participantes emprenderon o seu propio negocio.





