O Concello de Vigo, en colaboración con FCC Medio Ambiente, repartirá máis de 2.000 chaveiros de tela feitos a man. Cada chaveiro é único e foi confeccionado a partir de roupa depositada nos colectores brancos da cidade, converténdose nun «símbolo da reutilización e do compromiso ambiental».

790 toneladas ao ano de roupa, calzado e complementos usados
Esta acción forma parte da estratexia para fomentar a reciclaxe téxtil e dar visibilidade ao traballo que se realiza nos 307 colectores específicos distribuídos por Vigo, que permiten recoller 790 toneladas ao ano de roupa, calzado e complementos usados.
A iniciativa responde á «crecente demanda deste servizo e á implicación cidadá na separación de residuos». Toda a roupa recollida é enviada aos centros de tratamento de Moda re– (Cáritas), onde se
clasifica para a súa reutilización, reciclaxe ou transformación.
As prendas en bo estado repáranse e ponse á venda en tendas sociais, mentres que as que non son aptas para a venda aproveitanse en procesos industriais ou educativos, como a fabricación de merchandising, a recuperación de fibras para tecidos técnicos ou a produción de trapos para uso profesional.
Este modelo de xestión garante a trazabilidade dos materiais, evita que as prendas acaben en vertedoiros —en cumprimento da Lei 7/2022— e xera un impacto ambiental e social positivo.
Outras novas
- La duna de A Calzoa sigue sin protección, 20 días después del derrumbe
- Los dueños de los perros que atacaron a un hombre de 77 años denuncian al policía que lo salvó
- Montaña rusa de días lluviosos y soleados
- Vigo exige un autobús exprés a Peinador
- Empieza el juicio a un policía local acusado de agresión sexual
Más de 3.000 litros de auga por cada quilo de roupa reciclada
Por cada quilo de roupa reciclada, afórranse 3.040 litros de auga e evítase a emisión de 22 kg
de CO₂, ademais de facilitar axuda directa a persoas en situación vulnerable.
Os chaveiros serán entregados durante diferentes accións de rúa, nas que tamén se ofrecerá información sobre outros servizos de reciclaxe como o colector marrón para materia orgánica ou a entrega de funís para a reciclaxe de aceite doméstico. O calendario destas accións pode consultarse en vigoacidademaislimpa.com.





