Galicia

Rueda reclama a rebaixa do IVE do peixe para frear a caída do consumo

Lembrou que Galicia concentra arredor do 40% da frota pesqueira e máis do 50% da descarga de peixe fresco no Estado

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, participou hoxe en Vigo na inauguración da XII Conferencia Internacional sobre o futuro da pesca, organizada pola Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI), onde salientou a recente decisión por unanimidade do Parlamento de Galicia de instar ao Goberno central a aplicar a rebaixa do IVE do peixe.

Esta medida, subliñou, axudaría a frear a caída do consumo e permitiría defender que o esforzo dos traballadores do sector se traduza nun produto de calidade e accesible. “Pedir o mesmo tratamento para o peixe que o que xa teñen outros alimentos básicos creo que é o primeiro que hai que facer. Comprométome a seguir pedíndoo, goberne quen goberne”, salientou Rueda.


Outras novas


Importancia da pesca para Galicia

O presidente puxo en valor a relevancia desta cita como foro de referencia internacional e destacou a importancia da actividade pesqueira para Galicia tanto no ámbito económico como no social e no identitario. “Hai que remarcar a enorme importancia que ten a pesca para Galicia. E se nós somos o corazón da pesca en España, esta cidade é o corazón da pesca en Galicia”, salientou o presidente.

Alfonso Rueda lembrou que Galicia concentra arredor do 40% da frota pesqueira española e achega máis do 50% da descarga de peixe fresco no Estado, o que converte ao sector nunha das grandes fortalezas da Comunidade e nun piar fundamental para milleiros de familias que viven directa ou indirectamente do mar:.

Toda a cadea mar industria é unha parte importante do noso produto interior bruto, e ás veces non remarcamos o suficiente a súa importancia. Ninguén mellor que os que estamos aquí entende que queremos vivir no noso litoral e do noso litoral. Queremos estar na nosa costa”, remarcou.

Rueda incidiu en que a defensa da pesca é tamén a defensa da identidade, da cultura, da soberanía alimentaria e do futuro da propia Galicia, recoñecendo o papel determinante de ARVI ao longo de 60 anos de historia, consolidándose como o colectivo de armadores máis relevante de España e un dos máis influentes de Europa, e agradeceulles “o seu labor e a súa presenza”.

Garantir a remuda xeracional

Na súa intervención, o presidente destacou a importancia de avanzar na renovación da frota e na remuda xeracional, así como na posta en marcha do rexistro especial da frota de altura e gran altura, considerado unha ferramenta clave para reforzar a competitividade e a seguridade do sector.

O presidente lembrou que a Xunta ten como prioridade absoluta garantir a remuda xeracional, “algo que nos preocupa a todos”, polo que este verán activou unha nova orde de axudas para facilitar que os estudantes poidan realizar prácticas a bordo de buques, ao tempo que se compensa aos armadores polos gastos derivados.

Esta medida forma parte dun plan integral de apoio á formación marítimo-pesqueira, dotado con 12,3 millóns de euros, que permite que máis de 500 alumnos cursen ciclos relacionados co mar, dos cales o 12% son mulleres.

Segundo explicou, a aposta pola FP Dual e polo embarque de alumnos en prácticas son pasos fundamentais para facer atractivo o sector, impulsar a súa competitividade e garantir o seu futuro. “Temos que conseguir que traballar no sector do mar sexa algo que atraia, que prestixie e que moita xente o vexa como un sector de futuro. E por aquí hai futuro e posibilidade de crecemento. Temos que seguir por esta liña”, apuntou.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.