Redondela implementa a terceira fase do Programa de Adopción felina, un proxecto que comezou no 2023, “e xa consolidamos tanto a recollida de animais na rúa como a asistencia veterinaria e o programa de adopción”, sinala Roberto Villar, concelleiro de Sostebilidade. Actualmente existen xa algunhas casas de acollida no que persoas voluntarias se fan cargo dos animais abandonados mentres non son adoptados.
A día de hoxe o traballa na construción dun pequeno refuxio, “coa experiencia que acumulamos estes dous anos sabemos que precisamos máis voluntarios e voluntarias para que funcione mellor o programa, con máis casas de acollida e persoas que colaboren nos coidados no refuxio”.

Como facerse voluntario?
Villar amósase moi satisfeito cos resultados acadados ata o de agora e confía en que máis xente se anima a colaborar “para darlle unha segunda oportunidade a estes animais”. Quen queira formar parte do voluntariado tan só ten que inscribirse no Concello ou no teléfono 604 044 165 e colaborar “na medida das súas posibilidades”.
Nos vindeiros meses porase en marcha unha cuarta fase do programa que será a campaña de voluntariado para o rescate de animais feridos na rúa.
Outras novas
- Vigo: 56 horas de atascos en 2025 y una movilidad “insostenible”
- Cortada, de nuevo, la PO-11, entre Marín y Pontevedra, por la marea y la lluvia
- Vigo seguirá aislada por tren este viernes: Renfe prolonga la suspensión
- Luisa Sánchez anuncia el final de las obras en Navia y la Pista Vermella este mes
- Arrestada en Vigo una cuidadora, por una cadena de hurtos de joyas en casas de personas mayores
Programa de Adopción Felina
O Programa de Adopción Felina non se limita a atender animais abandonados e buscarlles un fogar, senón que pretende concienciar á sociedade contra o abandono animal e a obrigatoriedade de esterilizar ás mascotas.
Recalcar que antes de levar un animal a casa é fundamental reflexionar sobre o tempo que hai que dedicarlles, os recursos económicos que requiren e o espazo dispoñible para eles. Villar solicita a colaboración cidadá na protección dos dereitos dos animais e na promoción dunha cultura de respecto e coidado cara a eles.





